Feliz Aninovo 2023

 


O Vicus C.B. desexavos a todos un Feliz Ano 2023!!

Torneo de Nadal 2022 - Retirada Dorsal 8

 No Torneo de Nadal de onte houbo unha sorpresa especial que ben merece unha publicación aparte.

Dende que se fundou o Vicus CB alá por Agosto de 1986 moitas persoas estiveron vencelladas a el de distinto xeito: como xogadores/as, patrocinadores, membros da directiva, amigos/as e un longo etc.

Uns viñeron, algúns estiveron durante un tempo, marcharon, algúns volveron anos despois e pasaron segundas e terceiras etapas no clube. Pero tan só unha persoa permaneceu de xeito ininterrompido no clube durante toda a súa historia, ben como xogador ata o 2020, como presidente dende hai anos e como adestrador na actualidade. Esta persoa non é outra que o noso Presi Xose Anxo Vázquez González, que portou o dorsal número "8" do Vicus durante mais de 34 anos e por iso precisamente esa equipación leva o seu nome nas costas. A única camiseta nominal das 18 que temos na actualidade.

Torneo de Nadal 2022 - Resultados


E chegou o 25 aniversario do Torneo de Nadal do Vicus CB.

Alá por un xa lonxano 1996, organizamos o primeiro Torneo de Nadal, e con traballo, esforzo e moita ilusión chegamos a esta edición tan especial que se fixo agardar (e moito) pola pandemia!

É asi, que onte sábado desfrutamos dunha mañá de bo baloncesto cós equipos convidados: Redskins e UVigo Basket (ambos de primeira de #VigoEnXogos).

Dende o Vicus C.B. queremos agradecer a todos a vosa asistencia, participación, aos equipos Redskins e UVigo Basket por aceptar a invitación e especialmente ó Concello de Vigo e á Concellalía de Deportes polo seu patrocinio.



Torneo de Nadal 2022

Xa estamos cá conta atrás para o noso XXV Torneo de Nadal – Memorial Fernando Vázquez que organiza o Vicus CB en memoria do xogador do clube dos anos 80-90.

📅Data: sábado 17.12.2022
⏲Hora: de 09:30 a 14:30 horas
📍Lugar: pavillón do Berbés
Os equipos participantes nesta edición xunto có Vicus serán #UVigoBasket e #Redskins.
.
Un ano máis comprácenos contar coa colaboración da Concelleria de Deportes do Concello de Vigo.
.
Estades todos invitados a desfrutar con nós desta cita! Entrada de balde! .



Vigo en Xogo - Xornada 9


A xornada 9 de Vigo en Xogo achegounos a primeira derrota do Vicus C.B. nun encontro disputado contra Marajos la Leyenda. Ademáis da dor da derrota sofrimos a lesión seria dun dos nosos xogadores que posiblemente se perda o que resta de temporada.

Vigo en Xogo - Xornada 8


Na xornada 8 de Vigo en Xogo nos agardaba un dos encontros a priori máis complicados da tempada contra un o equipo potente como Mar Iberica, equipo que nos vencera na anterior ocasión que nos enfrontaramos a eles. Daquela xeira fora no Torneo de Campións da tempada 2021-2022, nun partido no que tiñamos numerosas baixas. Nesta ocasión cun plantel ao completo afrontamos o encontro con seriedade e aínda mantendo a cero o noso contador de derrotas nesta tempada.

Vigo en Xogo - Xornada 7


Chegamos á xornada 7 de Vigo en Xogo, o Vicus C.B. seguimos a contar os encontros por victorias, e nesta ocasión sumamos unha mais. O noso rival desta xeira foi La Gondola - Lax Tatoo, un encontro con máis tension da que amosa o resultado xa que houbo certas xogadas bruscas e numerosas portestas nas decisións arbitrais. Por sorte, o Vicus non caímos nesas provocacións e fixemolo noso xogo. Coma ben sendo habitual nesta tempada os partidos acaban por madurarse cando o rival de turno perde efectividade fronte o noso ritmo moito mais constante ao longo do mesmo. Así tras unha primeira metade mais axustada que pechamos con 6 puntos de vantaxe (27-33), a fenda abriuse na segunda para acadar unha comoda victoria por 45 a 68. Forza Vicus!

💪
.

Ficha Técnica
19-11-2022
16:00 Balaidos

La Gondola - Lax Tatoo
Vicus C.B
1º Tempo
27
33
2º Tempo
18
35
Final
45
68

Vigo en Xogo - Xornada 6

Na sexta xornada de Vigo en Xogo, o Vicus C.B. enfrontámosnos a Hipo Talleres. Ambolos dous equipos lideramos a clasificación da competición invictos ata o momento.

Vigo en Xogo - Xornada 5

Chegamos á quinta xornada da competición de Vigo en Xogo, cun encontro que nos enfrontaba a Fisiomiño Xestas. O Vicus C.B saimos moi enchufados ao partido e acadamos unha das meiores primerias metades do que vai de competición, con seriedade na defensa e paciencie en ataque.

Vigo en Xogo - Xornada 4


A cuarta xornada da competicón nos deparaba un enfrontamento contra Chocobasket, por segundo partido consecutivo nos atopamos cun dos equipos que mais loita nos presentou a tempada pasada ainda a pesares de gañarlle os dous encontros disputados. Ademáis non se certa nostalxia voltabamos unha das nosas canchas favoritas, o Pavillon do Bervés.

Vigo en Xogo - Xornada 3


Terceira xornada de Vigo en Xogo e o Vicus acadamos a nosa terceira victoria consecutiva fronte a Inter de Melón, úníco equipo co que cedemos unha derrota a tempada pasada.

Vigo en Xogo - Xornada 2

No segundo encontro da tempada o Vicus CB nos enfrontabamos a Basket Hound, equipo que acadou o sexto posto da primiera deivisión na tempada pasada cun balance 14-12. O Vicus comezou dominando nos primieros ataques ainda que con ventaxas menores no marcador.

Vigo en Xogo - Xornada 1

Chegado o primiero encontro de Vigo en Xogo na tempada 2022-23, o Vicus estréabase na primiera categoría da competición en un efrontamento contra Amenaza.

Vigo en Xogo Tempada 2022-23

No Vicus comezamos unha nova tempada de competición na Vigo en Xogo. Tras proclamarnos campións en terceira e segunda divisións, este ano afrontamos o reto da primiera. Mantendo o plantel da tempada pasada e incorporando dous novos reforzos, que xa tiveorn o seu paso polo clube nesta competicón no pasado, e recuperados agora deseguro nos aprotarán un punto máis de intensidade no xogo. Imos a por todas! 

Vigo en Xogo - Campións Segunda División

Onte asistimos o acto de clausura da tempada 2021/2022 de Vigo en Xogos onde Abel Caballero entregou ó noso presi Anxo Vázquez e a todo o equipo o Trofeo que nos acredita como Campións de liga de Segunda división 💪, pero ademais o Trofeo ó equipo coa máxima anotación da categoría 💪💪, Trofeo á deportividade de segunda división 💪💪💪e tamén o Trofeo absoluto á deportividade de todas as divisións 💪💪💪💪!
Noraboa a todo o grupo por esta tempada tan boa!!
Moitas gracias, cracks!!

Forza Vicus!!

Vigo en Xogo - Xornada 26

Trala xornada 25 que ao Vicus lle tocaba de descanso afrontabamos o derradeiro encontro da tempada contra Inter de Melon, un dos rivais que nos puxo as cousas máis dificiles na primeira volta. Ademáis froito dalguns resultados inesperados na clasificación os nosos Rivais se xogaban o ascenso, so valéndolles a victoria neste encontro para ese fin. Inter de Melón presentarouse co equipo ao completo, por contra O Vicus tiña marcado esta data no calendario como un día de ausencia de moitos xogadores, algúns deles os de maior aportación ofensiva esta temapda e presentamos un equipo con so 7 xogadores. Por sorte, os deberes estaban feitos e matemáticamente tiñamos garatizado non só o asecenso se non ademáis o campionato na división.

Vigo en Xogo - Xornada 24


No penultimo encontro da tempada O Vicus nos enformtabamos a Rias Baixas. Co título da competición xa decidido pero ca motivación intacta para acadar a invatibilidade en toda a tempada.

Vigo en Xogo - Xornada 23

No segundo encontro deste fin de semana correspondente a xornada 23 de Vigo en Xogo, o Vicus CB tiña como rival a Raiders. Coma o anterior encontro deste fin de semana tiñamos un plantel algo escaso de efectivos ainda que unha recuperación de última hora fixo que estivesemos 7 xogadores dispoñibles.

Vigo en Xogo - Xornada 22

Na xornada 22 de Vigo en xogo tiñamos un encontro complicado contra Neogeo. Por  unha banda é un equipo que nos coñece ben tanto de temporadas pasadas destra mesma competición coma do noso prezado Torneo de Nadal, por outra banda chegabamos ao encontro xustos de plantel presentando un equipo de unicamente 6 xogadores.

Vigo en Xogo - Xornada 21

Na xornada 21 de Vigo en Xogo o Vicus nos enforntabamos a NBAD, un encontro no que novamente vencemos con solvencia.

Vigo en Xogo - Xornada 20


Xornada 20 da competición de Vigo en Xogo na que nos tocaba enfrontarnos a KCE. Un encontro programado para domingo 1 de maio a unha hora moi temprada no pavillon de Bembrive o cal podia ter certas complicacións pero que resolvemos con un nova actuación destacable.

Vigo en Xogo - Xornada 19

Chegamos á xornada 19 da competición Vigo en Xogo e trala decisiva victoria ante Chocobasket afrontamos unha xeira de encontros contra equipos da parte media e baixa da táboa clasificatoria. Nesta xornada nos enfrontabamos a Nutribiótica.

Vigo en Xogo - Xornada 18 Apzdo

 

O encontro aprazado da xornada 18, no que nos tiñamos que enforntar a Certfix, e que iamos disputar o sábado 23 de abril, foi dado por victoria 20-0 a prol do Vicus por incoparecencia do equipo rival. Era unha oportunidade para ver as novas instalacións de Balaidos pero tendo en conta que tiñamos un equipo de 6 xogadores dispoñibles e que afrontabamos un fin de semana con 2 encontros non nos veu mal de todo anotar unha nova victoria no casilleiro sen esforzo. Forza Vicus! 💪


Vigo en Xogo - Xornada 18

O Vicus C.B. solicitamos o aprazamento do noso enfrontamemto da xornada 18 contra Certifix xa que tiñamos unha serie de baixas previstas para todo este fin de semana.

Vigo en Xogo - Xornada 17

Na xornada 17 tiñamos un dos partidos decisivos desta segunda volta. Un enfrontamento contra o segundo clasificado Chocobasket que podía escalrecer non só o ascenso sed non a propia vitoria final da división. O Vicus pasamolo reto con boa nota, un partido disputado pero no que sempre estivemos por diante no marcador.

Vigo en Xogo - Xornada 16

No terceiro encontro da segunda volta, a decimo sexta xornada da competición de Vigo en Xogo, tiñamos ante nos un rival dos incómodos, poderiamos decir: Castrelanos. Un equipo que se atopa na parte baixa da clasificacíon pola sanción que recibiron na primeira volta debido a irregularidades nas súas alineacións. Ademais do incómodo rival sumábase o feito de xogar un domingo as 9 da mañá, o mesmo dia que se produce o cambio de hora de verán e nun pavillón inédito ata o de agora na competicíon, Sárdoma.

Vigo en Xogo - Xornada 15

Na decimo quinta xornada da competición tocaba enfrontarnos a Carbón Bemafrica e aínda que en ningún momento perigrou a nosa victoria non saímos de todo satisfeitos co noso xogo. Por intres os nosos rivais amosaron máis gañas e intensidade no partido, na metres que o Vicus caimos en erros que apenas cometemos nesta tempada, moitas perdas de balón e unha preocupante desconexión do encontro por algúns minutos.

Vigo en Xogo - Xornada 14

Xornada 14 da competición Vigo en Xogo. Comezamos a segunda volta da liga enfrontándonos C.B. Mariano. O partido estivo dominado polo Vicus de principio a fin acadando tanto a maior cantidade de puntos anotados coma o menor tanteo encaixado no que vai de tempada. Un xeito magnífico de comezar a segunda volta e afrontar a vindeira xeira de partidos decisivos. No primiero tempo, a pesares de que non tivemos unha alta porcentaxe de tiro, axiña acadamos unha boa renda no marcador, froito das multiples oportinudades que nos brindou o noso rebote ofensivo. Tódolos xogadores do Vicus, tanto os de inicio coma os recambios foron aportando de xeito moi positivo ata rematalo primiero parcial cunha xugosa renda de 21 puntos a favor (35-14).

Vigo en Xogo - Xornada 13

Trala xornada de descanso que nos tocaba na xornada 12 da competicion tinamos un encontro importante para pechala primeira volta da competición. Nos enfrontabamos a Inter de Melón, os terceiros clasificados que ademáis vinan amosando uns brillantes resultados nos ulltimos encontros, cunhas altas anotacións. O encontro presumíase por todo o alto e como é debido nas grandes ocasións o entorno foi o axeitado ao xogar na pista central de Travesas. Fixemos algo de labor de scouting e sabiamos que era un equipo intenso e físico capaz de presionala subida de balón durante todo o encontro. Así mesmo no xogo interior nos sabiamos superiores. Decidimos pecharnos nunha defensa en zoa para dificultalas penetracións do rival e aseguralo rebote defensivo.

Vigo en Xogo - Xornada 11


Na xornada 11 de Vigo en Xogo nos enfrontabamos a Rias Baixas un equipo que con so 3 vitorias atópase na parte baixa da táboa e que nembargantes amosou un xogo merecedor de estar uns postos máis acordes a metade da clasificación cando menos. O Vicus, como ven sendo norma nesta tempada, estivo moi sólido tanto en defensa coma en ataque e, ainda que os noso rivais presentaron unha maior resistencia da agardada, fomos pouco a pouco abrindo distancias no marcador. Pechouse a primiera metade cun resultado de 21-35 a prol do Vicus.

Vigo en Xogo - Xornada 10

 

Na décima xornada da competición de Vigo en Xogo, tocábanos enfrontarnos a un rival coñecido doutras tempadas, Raiders.O encontro escomezou con intercambio de canastras, incluso por primeira vez na tempada, co Vicus por embaixo no electrónico, se ben aos poucos o Vicus foi axustando a defensa e recuperando o dominio do encontro.

Vigo en Xogo - Xornada 9

O Encontro da novena xornada de Vigo en Xogo foi un dos partido dos máis disputados da tempada. Nos enforntaba a Neogeo Las Brasas, equipo intenso e con moi bo baloncesto que sen dúbida é outro dos candidatos a disputar o primeiro posto da división. O Vicus saiu enchufado e acadou un parcial 7-0 de partida. Moi serios en defensa, desta vez nuha zoa que se lle atrangantou aos nosos rivais que so acadaron 8 puntos. En canto ao ataque a superioridades interior do Vicus fixo dano e o Neogeo sufriu coas faltas persoais cometendo 11 neste primeiro acto. Ao peche da primeira metade 8-20 a prol do Vicus.

Vigo en Xogo - Xornada 8

O segundo encontro deste fin de semana nos enfrontaba a NBAD. Afrontabamos o encontro con dúas baixas importantes e notouse na capacidade de anotación do Vicus. Por fortuna a defensa que mantivemos individual todo o encontro, estivo a un bo nivel, facendo que cada ataque lle costase suor aos nosos rivais. Así, no descanso do primeiro tempo o electrónico amosaba un claro 21-4.

Vigo en Xogo - Xornada 6 Apzdo

No primeiro dos encontros que tiñamos programados esta fin de semana, nos enfrontabamos a Nutribiotica un equipo da metade alta da clasificación. O encontro se correspondía co partido adiado da xornada 6. Os nosos rivais presentaron un equipo de xusto 5 xogadores o cal lles pasou factura dun xeito claro conforme o partido foi avanzando. O Vicus comezou acadando as primeiras vantaxes no marcador que sempre foron a máis.

Vigo en Xogo - Xornada 7

 

Séptima xornada da competición na que nos enfrontabamos ao equipo K.C.E. Xa dende os primeiros ataques non houbo dúbida dos vieiros polos que o encontro ía discorrer. A superioridade do Vicus era clarísima e aínda así xogou con nobreza e sen asoballar ao rival. Certo é que algúns membros do equipo rival se tomaron mal a nosa indiscutible superioridade física, decidindo que a súa mellor defensa era empregrarse cunha pouco deportiva dureza.

Vigo en Xogo - Xornada 4 Apzdo


Este fin de semana O Vicus tiñamos programado recuperalo encontro aprazado da Xornada 4 de Vigo en Xogo. En dito encontro nos enfrontabamos a Chokobasket, equipo que coma o Vicus, chegaba invicto. Seguramente no se poida decir que o encontro fora bonito pero foi o máis disputado do que levamos de tempada. Sen dúbida enfrontábanse os dous principais candidatos a disputarse victoria final da categoria.

Vigo en Xogo - Xornada 6

 


O encontro da cuarta xornada de Vigo en Xogo que nos enfrontaría a Nutribiotica foi aprazado, polo que só disputaremos este fin de semana o encontro aprazado da xornada 4. 

Forza Vicus! 💪
.

Vigo en Xogo - Xornada 5


Quinta xornada de Vigo en Xogo. Tralo partido aprazado na cuarta xornada máis o parón do Nadal, afrontabamos con moitas gañas este encontro. Nos enfrontabamos a Certifix, equipo que se atopa coma nos na parte alta da clasificación, cunha única derrota. O encontro escomezou de xeito positivo para os intereses do Vicus cun parcial 0-7, froito de duas triplas mais un tiro libre.