Vigo en Xogo: Xornada 5

Carbón Bemafrica 38 - 46 Vicus C.B.
Quinta xornada de Vigo en Xogo. O Vicus acadamos a nosa segunda vitoria da tempada no encontro que nos enfrontaba ao equipo Carbón Bemafrica. Cun plantel ao completo,o Vicus dispuxemos dunha boa defensa individual que tralos primeiros ataques de intercambio de canastras púxonos por riba no electrónico. Con ventaxas que chegaron a ser de 11 puntos só unha fase de desacerto propio permitui aos nosos rivais achegarse no marcador para rematar o primeiro acto cun máis apertado 23-26.

Vigo en Xogo: Xornada 4

Vicus C.B. 29 - 40 Amfiv2
Cuarta xornada de Vigo en Xogo. O Vicus encadeamos a terceira derrota consecutiva no inicio desta tempada na segunda división. Desta xeira fronte a Amfiv 2 un equipo que presupoñemos estará na nosa loita pola permanencia. O partido estivo máis disputado que encontros anteriores e o Vicus melloramos a nosa imaxe cunha maior intensidade en defensa, pero seguimos a estar moi lastrados pola nosa deficiencia anotadora. O primiero parcial rematou 11-18 pero sentiamos que aínda estabamos en disposición de loitar pola victoria.

Cea Inicio de Tempada 2019-20

Xa non era sen tempo! nos voltamos a xuntar para unha das nosas ceas de equipo, desta xeira para inaugurar a tempada 2019-20. Un evento que nos axuda a facer equipo. Bo ambiente, cea agradable e saborosa e agasallos para os gladiadores que a tempada pasada acadamos o triunfo na terceira división. Fixádevos se estabamos a gusto que ate se nos esqueceu inmortalizalo momento cunha foto. Menos mal que estiveron listos os máis resistentes na noite para ao final para apuntarse a un selfie. Un pracer coma sempre desfrutar da compaña de todos. Forza Vicus!

Vigo en Xogo: Xornada 3

Centro Equestre Rías Baixas 54 - Vicus C.B. 34

Terceira xornada de Vigo en Xogo. O Vicus sumamos unha nova derrota contra Centro Ecuestre Rías Baixas. O partido escomezou cun intercambio de canastras pero xa aos poucos minutos os noso rivais foron impoñendo o seu ritmo, máis físico e cunha maior velocidade e contragolpes foron abrindo unha fenda no taboleiro, que non mostras en ningún momento de poder recuperar. O primeiro acto rematou cun esclarecedor 30-16, a nosa baixa anotación, un dos problemas que estamos a ter esta tempada, xa amosaba que iamos sufrir neste encontro.