.
O Encontro da novena xornada de Vigo en Xogo foi un dos partido dos máis disputados da tempada. Nos enforntaba a Neogeo Las Brasas, equipo intenso e con moi bo baloncesto que sen dúbida é outro dos candidatos a disputar o primeiro posto da división. O Vicus saiu enchufado e acadou un parcial 7-0 de partida. Moi serios en defensa, desta vez nuha zoa que se lle atrangantou aos nosos rivais que so acadaron 8 puntos. En canto ao ataque a superioridades interior do Vicus fixo dano e o Neogeo sufriu coas faltas persoais cometendo 11 neste primeiro acto. Ao peche da primeira metade 8-20 a prol do Vicus. No segundo tempo, o Neogeo saiu disposto a reducir a vantaxe e cun acertadísimo tiro dende a liña de tres foron quenes de recortala ata os 3 puntos, pero o Vicus encadeu varias xogadas de mérito, tanto no xogo interior coma en tiros exteriores tras rotación do balón que estiraron a renda de novo ata os 8 puntos. Nos derradeiros minutos, o acerto e o tempo que se perde no tiro libre tamén favoreceron aos intereses do Vicus que acudiu a liña con éxito en varias ocasións no tramo final do encontro. Xunto ca perda de efectividade nas triplas de Neoogeo froito do cansazo deixou o encontro visto para sentenza 34-44. Unha loitada e importantísima victoria do Vicus que abre brecha de dúas victorias na clasificación e segue a manterse invicto. Forza Vicus! 
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario