Torneo de Nadal 2022 - Retirada Dorsal 8

 No Torneo de Nadal de onte houbo unha sorpresa especial que ben merece unha publicación aparte.

Dende que se fundou o Vicus CB alá por Agosto de 1986 moitas persoas estiveron vencelladas a el de distinto xeito: como xogadores/as, patrocinadores, membros da directiva, amigos/as e un longo etc.

Uns viñeron, algúns estiveron durante un tempo, marcharon, algúns volveron anos despois e pasaron segundas e terceiras etapas no clube. Pero tan só unha persoa permaneceu de xeito ininterrompido no clube durante toda a súa historia, ben como xogador ata o 2020, como presidente dende hai anos e como adestrador na actualidade. Esta persoa non é outra que o noso Presi Xose Anxo Vázquez González, que portou o dorsal número "8" do Vicus durante mais de 34 anos e por iso precisamente esa equipación leva o seu nome nas costas. A única camiseta nominal das 18 que temos na actualidade.

Onte, coincidindo có 25 aniversario do Torneo, a Directiva, por sorpresa, quixo homenaxear a Anxo retirando o seu dorsal. O "8" do Vicus pasa a ser a única equipación retirada da competición en agradecemento a todos estes anos de adicación ó clube.

Non nos cabe dúbida algunha que VICUS CB escrébese con "A" maiúsculo de Anxo Vázquez. Pasado, Presente e Futuro do clube.

Moitas gracias Presi!

Longa vida a Anxo Vázquez!!

Longa vida ó Vicus CB!!

Forza Vicus!











0 comentarios:

Publicar un comentario