
Na xornada 21 de Vigo en Xogo o Vicus nos enforntabamos a NBAD, un encontro no que novamente vencemos con solvencia.
A pesar de termos certas baixas importantes, unha saida moi acertada do noso base púxonos na senda da victoria axiña. Con un xogo máis práctico que espectacular fomos acadando unha renda no marcador que foi medrando durante todo o encontro. Pechamolo primiero acto cun 11-23 ao noso favor. Xa no segundo tempo e maila algunhas fases de relaxación froito da baixa intensidade do rival e do abafante calor reinante no Pavillón do Carme, ampliamola vantaxe sen dificultades para pechalo encontro cun claro 27-54. Unha nova victoria que nos manten invictos na clasificación e nos achega ao campionato da división.
Forza Vicus!
.#VicusCB#ForzaVicus#VigoEnXogo#VigoEnXogo2022
Ficha Técnica |
8-5-2022 17:00 Carmen Estatísticas |
| NBAD | Vicus C.B |
1º Tempo | 11 | 23 |
2º Tempo | 16 | 21 |
Final | 27 | 54
|
0 comentarios:
Publicar un comentario