No segundo encontro da tempada o Vicus CB nos enfrontabamos a Basket Hound, equipo que acadou o sexto posto da primiera deivisión na tempada pasada cun balance 14-12. O Vicus comezou dominando nos primieros ataques ainda que con ventaxas menores no marcador.
Cunha postreira reaccion dos nosos rivais pechouse o primiero tempo cunha renda de 6 punto a prol do Vicus 27-21. Xa no segunda parte un maior acerto dos nosos homes xunto cun baixon fisico dos rivais porpiciaron que se ensanchase a fenda no marcador. Os nosos rivais comezaron a actuar con certa desesperación e impaciencia tamén coa faceta arbitral o que lle supuxo unha falta tecnica no ecuador deste periodo, e puideron ser máis. O Vicus seguimos ao noso xogo sacando algunha canastra doada de contragolpe e con escasas perdas expliotando os erros de Basket Hound. Ao cun claro 57-39 pechouse o encontro. Unha merecida segunda victoria na competición, para seguir a medrar como equipo.
Forza Vicus!
.#VicusCB#ForzaVicus#VigoEnXogo#VigoEnXogo2023
Ficha Técnica |
16-10-2022 12:00 Montecastelo |
| Vicus C.B | Basket Hound |
1º Tempo | 27 | 21 |
2º Tempo | 30 | 18 |
Final | 57 | 39
|
0 comentarios:
Publicar un comentario