Na xornada 8 de Vigo en Xogo nos agardaba un dos encontros a priori máis complicados da tempada contra un o equipo potente como Mar Iberica, equipo que nos vencera na anterior ocasión que nos enfrontaramos a eles. Daquela xeira fora no Torneo de Campións da tempada 2021-2022, nun partido no que tiñamos numerosas baixas. Nesta ocasión cun plantel ao completo afrontamos o encontro con seriedade e aínda mantendo a cero o noso contador de derrotas nesta tempada. O partido non defraudou e esixiu a mellor das entregas do noso equipo, que estivo sempre por diante no electronico. A primiera metade pechouse cun 34-29. No segundo acto atando mellor os homes clave dos noso revias na defensa acadamos non sen esforzos ampliar a renda no marcador. Ata 3 faltas técnicas foron pitadas a nosos xogadores, unha delas acarreando expulsión, froito dun arbitraxe moi permisivo no conacto sobre todo sobre os nosos bases pero non puxeron en risco a victoria final por un claro 65-53. Contuniamos a senda da victoria achegándonos ao peche da primeira volta. Forza Vicus!

.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2023
0 comentarios:
Publicar un comentario