No terceiro encontro da segunda volta, a decimo sexta xornada da competición de Vigo en Xogo, tiñamos ante nos un rival dos incómodos, poderiamos decir: Castrelanos. Un equipo que se atopa na parte baixa da clasificacíon pola sanción que recibiron na primeira volta debido a irregularidades nas súas alineacións. Ademais do incómodo rival sumábase o feito de xogar un domingo as 9 da mañá, o mesmo dia que se produce o cambio de hora de verán e nun pavillón inédito ata o de agora na competicíon, Sárdoma.
O encontro comezou con igualdade e intercambio de canastras, que se mantiveron ata os derradeiros minutos da primiera metade, cando o Vicus fomos quen de encadear unha serie de boas accions que nos permitiron acadar unha vantaxe de 10 puntos no marcador ca que se pechou dito parcial, 26 a 16. Na segunda parte claramente o Vicus continuou en tónica ascendente na mentres os nosos rivais se ían desinflando. Houbo un meritorio acerto no tiro exterior por parte do Vicus que ademáis veu da man de varios xogadores aportando canatras que frustraron os intentos de reacción dos nosos rivais, e acadando uns nada desprezables 37 puntos só nesta segunda metade. Mantívemos moi ben a concentración e a intensidade todo o encontro para pechalo ca maior renda ao noso favor 63-35. Recuperamos sensacións positivas nun encontro que non era doado, e xa nos pasamos a concentrar no decisivo próximo enfrontamento.
Forza Vicus! .
Ficha Técnica |
27-03-2022 9:00 Sárdoma Estatísticas |
| Vicus C. B. | Castrelanos |
1º Tempo | 26 | 16 |
2º Tempo | 37 | 19 |
Final | 63 | 35
|
0 comentarios:
Publicar un comentario