O Clube

 Xa vai lonxe aquel ano 1.985 no que pensamos en fundalo Vicus Clube de Baloncesto na cidade de Vigo. Pero daquela non pensabamos na transcendencia do que faciamos cando nos inscribimos naquela 1ª tempada 1986/87. A intención foi sempre facer equipo e desfrutar xuntos de bos momentos e ós poucos chegamos ata o presente, superando os 30 anos de historia do Clube.

O Vicus C.B. naceu como unha iniciativa particular, sen ningún tipo de axuda oficial nin privada, desenrolando as súas primeiras tempadas autofinanciándose gracias ás aportacións económicas dos propios xogadores. Pouco a pouco, tanto o interese dos membros do equipo, como os resultados deportivos, permitíronnos gozar da confianza de diferentes patrocinadores como: Perruquería Dosis, Vigoclima, Deportes Calzada, Ximnasio Coliseum, Construccións Pavial, a Columna CD, Viaxes Ecuador…

Na tempada 2002/03, por primeira vez en 16 tempadas en activo na liga zonal senior, o Vicus C.B. non saíu á competición. Aínda así, seguiu adestrando e participando en Torneos de Nadal e de Verán ata que na tempada 2018/2019 voltamos a competición na liga de Vigo en Xogo.

Podedes seguirnos a través deste blog ou das redes sociais nas que estamos presentes: Facebook vicus.clubedebaloncesto e Instragram @Vicuscb. Unha aperta