Este fin de semana O Vicus tiñamos programado recuperalo encontro aprazado da Xornada 4 de Vigo en Xogo. En dito encontro nos enfrontabamos a Chokobasket, equipo que coma o Vicus, chegaba invicto. Seguramente no se poida decir que o encontro fora bonito pero foi o máis disputado do que levamos de tempada. Sen dúbida enfrontábanse os dous principais candidatos a disputarse victoria final da categoria. O primiero acto estivo marcado pola igualdade máxima no electrónico. Chocobasket, cunha defensa non exenta de certa dureza e exceso de faltas persoais, fixo dano balóns dobrados ao recuncho tras penetracións, mentres O Vicus facía valer un mellor xogo interior. Tal foi a tensión e competitividade do primeiro acto que non podía ser doutro xeito rematou cun apaixonante empate a 21. No segundo acto mantívose a igualdade nos primieros minutos, mais chegando ao seu ecuador o Vicus acadou un pequena renda de 7 puntos. O acerto dende a linea de tiro libre e a vantaxe que supón que o xogo se dispute a reloxo corrido fixo que os derradeiros minutos pasasen axiña sen que os nosos rivais tivesen opcións a remontar. De feito o encontro pechouse coa máxima diferencia a prol do Vicus no marcador (51-42). Unha importante victoria do Vicus ante un rival directo, o equipo demostrou seriedade, e se ben as novas incorporacións do equipo foron os seus pilares, os veterans tamén souberon aportar, o equipo mantivo un alto nivel durante todo o encontro sen desfalecer nin encadear erros innecesarios.

Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario