Terceira xornada de Vigo en Xogo e o Vicus acadamos a nosa terceira victoria consecutiva fronte a Inter de Melón, úníco equipo co que cedemos unha derrota a tempada pasada. O Vicus mantivemos a tensión alta durante todo o encontro con bo ritmo e acerto por momentos. Na primiera metade mantivose a igualdade, e con un empuxe final abrimos unha pequena renda de 6 puntos para pechar 29-35. Na segunda metade o partido rompeuse totalmete a prol do Vicus, cunha defensa sólida que deixou aos noso rivais secos, e aprobeitando as superioridades en ataque, mantivemos a intensidade na mentres ca os rivais de Inter ian perdendo folgos e medrando en precipitación. O encontro pechouse cun inapelable 39-61. Sumamos unha victoria máis que nos permite sguir na cabeza da táboa clasificatoria, pero maís satisfeitos ainda pola intensidade física e mental mantida por todolos xogadpres nuha nova destacable actuación coral. Forza Vicus!

.
0 comentarios:
Publicar un comentario