Vigo en Xogo: Xornada 2

Vicus C.B. 58 - 23 El Garaje



O Vicus C.B. acadamos a nosa segunda victoria na liga Vigo en Xogo, no encontro disputado contra El Garaje. Nesta ocasión recuperabamos boa parte dos xogadores ausentes na primeria xornada, e notouse unha boa rotación.

Vigo en Xogo: Xornada 1

C.B. Sandra Cal Decoración 25 - 85 Vicus C.B.


O Vicus C.B. debutamos con victoria na primeira xornada de Vigo en Xogo no partido disputado contra Sandra Cal Decoración. Un partido que afrontabamos cun equipo mermado por ausencias, cos nervos propios do debut e o regreso as competicións, pero no que fomos quen de impoñer o noso ritmo dende os primeiros minutos.

Comezo da Tempada Vigo en Xogo 2018-2019


Por fin, despois de 16 anos, o Vicus CB volta a competir 💪💪e farémolo na liga #VigoEnXogo.
A vindeira fin de semana xogaremos o Sábado ás 18.30 no pavillón de Navia contra o C.B. Sandra Cal Decoración.
Ansiosos estamos!! Forza Vicus!! 💪💪
🏀🏀🏀🏀🏀
.
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#DesempolvandoAsEquipaxes
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2018

Partido Amistoso C.B. Caselas Outubro 2018

Onte fomos novamente invitados polo C.B. Caselas a un partido amistoso. Coma sempre foi un pracer acudir e xogar contra este gran equipo, e depaso ir tomando ritmo de cara ao comezo da liga Vigo en Xogo. 

Bótalle un ollo a noticia na paxina web do C.B. Caselas


#cbcaselas #SentirSalceda @vicus.clubedebaloncesto