Trala xornada 25 que ao Vicus lle tocaba de descanso afrontabamos o derradeiro encontro da tempada contra Inter de Melon, un dos rivais que nos puxo as cousas máis dificiles na primeira volta. Ademáis froito dalguns resultados inesperados na clasificación os nosos Rivais se xogaban o ascenso, so valéndolles a victoria neste encontro para ese fin. Inter de Melón presentarouse co equipo ao completo, por contra O Vicus tiña marcado esta data no calendario como un día de ausencia de moitos xogadores, algúns deles os de maior aportación ofensiva esta temapda e presentamos un equipo con so 7 xogadores. Por sorte, os deberes estaban feitos e matemáticamente tiñamos garatizado non só o asecenso se non ademáis o campionato na división.
Froito das nosas baixas e da motivación extra dos nosos rivais fomos todo o encontro a remolque, e ainda que dimola cara caemos na súa dinámica de xogo rápido que no día de oxe lles favorecia. Xa o primiero parcial amosaba unha fenda importante a prol de Inter de Melón 31-15. No segundo acto os nosos rivais non afrouxaron a pesares de ter o encontro decidido e o Vicus pagamolo esforzo físico dunha plantilla moi mermada. Ao final 73-33, contamola primiera derrota da tempada no derradeiro encontro, pero debemos estar satisfeitos por unha gran tempada que nos permitu chegar a este encontro co ascenso e título decididos ao noso favor. Campións!
Forza Vicus! .
Ficha Técnica |
11-6-2022 19:00 Bouzas |
| Inter de Melón | Vicus C.B |
1º Tempo | 31 | 15 |
2º Tempo | 42 | 17 |
Final | 73 | 33
|
0 comentarios:
Publicar un comentario