Xornada 14 da competición Vigo en Xogo. Comezamos a segunda volta da liga enfrontándonos C.B. Mariano. O partido estivo dominado polo Vicus de principio a fin acadando tanto a maior cantidade de puntos anotados coma o menor tanteo encaixado no que vai de tempada. Un xeito magnífico de comezar a segunda volta e afrontar a vindeira xeira de partidos decisivos. No primiero tempo, a pesares de que non tivemos unha alta porcentaxe de tiro, axiña acadamos unha boa renda no marcador, froito das multiples oportinudades que nos brindou o noso rebote ofensivo. Tódolos xogadores do Vicus, tanto os de inicio coma os recambios foron aportando de xeito moi positivo ata rematalo primiero parcial cunha xugosa renda de 21 puntos a favor (35-14).
O segundo tempo non trocou o guión do encontro, o Vicus rotou os seus xogadores que aportaron saindo dende o banco con moita frescura fisica, e castigando ao rival con varios contragolpes. O Vicus mantivo a intensidade no encontro ainda a pesar da vantaxe e cometeu poucos erros dos que regalan puntos ao rival, tanto foi así que Mariano só acadou 4 puntos en todo o segundo parcial. Ao peche do encontro o electronico amosaba un rotundo 74-18. Un boa inxeccion de moral non tanto polo resultado como polo bo xogo despregado por todolos compoñentes do equipo.
Forza Vicus!

.
Ficha Técnica |
13-03-2022 11:30 Vermella Travesas Estatísticas |
| Vicus C. B. | Raiders |
1º Tempo | 35 | 14 |
2º Tempo | 39 | 4 |
Final | 74 | 18
|
0 comentarios:
Publicar un comentario