Vigo en Xogo - Xornada 23

No segundo encontro deste fin de semana correspondente a xornada 23 de Vigo en Xogo, o Vicus CB tiña como rival a Raiders. Coma o anterior encontro deste fin de semana tiñamos un plantel algo escaso de efectivos ainda que unha recuperación de última hora fixo que estivesemos 7 xogadores dispoñibles. O encontro estivo igualado nos primieros minutos,  pero o Vicus soubemos ter pacienca sabedores de que xa no encontro da primiera volta chegou un momento que Raiders se afunde fisicamente. Se non perdiamola calma ese intre chegaría e nos permitiría escaparnos no electronico con moito menor esforzo. Así chegando ao final do primiero acto, o Vicus acadamos unha vantaxe de 12 puntos 14-26. No segundo tempo a fenda aberta no electrónico non fixo se non amunetar dun xeito constante, con boas aportacións de todos los noso xogadores que tiveron en xeral unha actuación moi destacable tanto en canastras na pintura coma en tiros de media e longa distancia, aportando puntos todolos xogadores. Pechamolo encontro cun claro 25-63. Acadamos a segunda victoria dunha fin de semana complexa, e mantemos a invatibilidade na competición.Forza Vicus!
💪
Ficha Técnica
22-5-2022
15:45 Carmen
Estatísticas

Raiders
Vicus C.B
1º Tempo
14
26
2º Tempo
11
37
Final
25
63

0 comentarios:

Publicar un comentario