Na xornada 22 de Vigo en xogo tiñamos un encontro complicado contra Neogeo. Por unha banda é un equipo que nos coñece ben tanto de temporadas pasadas destra mesma competición coma do noso prezado Torneo de Nadal, por outra banda chegabamos ao encontro xustos de plantel presentando un equipo de unicamente 6 xogadores.
Neogeo é un equipo co que adoitamos ter dificultades, e desta vez non foi distinto. Gran parte do encontro estivo marcado pola igualdade, nun enforntamento de baixa anotación no que cada canastra valia o seu peso en ouro e cada erro se pagaba moi caro. O primiero tempo discorreu con igualdade máxima co Vicus xeralmente por diante con mínimas vantaxes, cunha defensa 3-2 cun home alto no medio que dificultou moito as penetracións dos rivais. Rematou o primeiro actocun parcial 20-17 a prol do Vicus. Na segunda metade non variaría a tonica do encontro ata a falta duns 9 minutos para o final cando o Vicus froito do encadeamento de varios acertos acadamos unha renda de 8 puntos. A partir dese intre mantivemola concentración e xogando co reloxo e a precipitación dos nosos rivais, permitiunos ter un final de encontro sen sobresaltos acadando a renda máxima ao final do mesmo cun 38-27. O Vicus sacamos adiante un encontro que non era doado con xogadores que disputaron menos minutos ao longo da tempada pero que deron un paso ao frente e aportaron dun xeito moi positivo xusto no momento que se preciaba.
Forza Vicus!
Ficha Técnica |
21-05-2022 18:00 Carmen Estatísticas |
| Vicus C. B. | Neogeo |
1º Tempo | 20 | 17 |
2º Tempo | 18 | 10 |
Final | 38 | 27
|
0 comentarios:
Publicar un comentario