Vigo en Xogo - Xornada 9

 


Novena xornada da tempada 2019/2020 fronte #Exacta-Sperta en #VigoEnXogo.

Queriamos rematar o ano cunha victoria e non puido ser 🙆 No 2020 mais e mellor!!!! Forza Vicus! 💪

Bo Nadal - Feliz Aninovo 2020

 


Dende a familia do Vicus desexámosvos unha Feliz Noiteboa e unha entrada xenial no 2020 rodeados da vosa xente. Os nosos mellores desexos para o Aninovo: diversión, saúde, moito baloncesto, 0 lesións e sentidiño! Mooooito sentidiño!

🌲🌲🌲🌲🌲🌲🌲🌲

XXIV Torneo de Nadal


Por fin chegou! Hoxe sábado xogamos o noso tradicional Torneo de Nadal, XXIV Memorial Fernando Vázquez!
Desfrutamos dunha mañá de baloncesto con Neogeo Opera. Sello urbano Las Brasas - Cantina Mexicana de Segunda de #VigoEnXogos e o Club Baloncesto Caselas.

Vigo en Xogo: Xornada 7

 


Séptima xornada da tempada 2019/2020 fronte #Castrelanos en #VigoEnXogo.

Un partido que se pode resumir cá palabra EQUIPO. Encontro intenso no que acadamos a victoria por un 48 a 51. Todos soubemos manter a tensión a tope dende o primeiro intre. Tan tan a tope que houbo quen desfixo as zapas... se non que llo digan a Felipe Sánchez García ...

Torneo de Nadal 2019

Xa falta menos para o XXIV Torneo de Nadal – Memorial Fernando Vázquez que organiza o Vicus Clube de Baloncesto en memoria do xogador do clube dos 80-90.

Tal como indicamos no cartel:
Data: sábado 21.12.2019
Hora: de 09:30 a 14:00 horas
Lugar: Pavillón do Bervés

Vigo en Xogo: Xornada 5

Carbón Bemafrica 38 - 46 Vicus C.B.
Quinta xornada de Vigo en Xogo. O Vicus acadamos a nosa segunda vitoria da tempada no encontro que nos enfrontaba ao equipo Carbón Bemafrica. Cun plantel ao completo,o Vicus dispuxemos dunha boa defensa individual que tralos primeiros ataques de intercambio de canastras púxonos por riba no electrónico. Con ventaxas que chegaron a ser de 11 puntos só unha fase de desacerto propio permitui aos nosos rivais achegarse no marcador para rematar o primeiro acto cun máis apertado 23-26.

Vigo en Xogo: Xornada 4

Vicus C.B. 29 - 40 Amfiv2
Cuarta xornada de Vigo en Xogo. O Vicus encadeamos a terceira derrota consecutiva no inicio desta tempada na segunda división. Desta xeira fronte a Amfiv 2 un equipo que presupoñemos estará na nosa loita pola permanencia. O partido estivo máis disputado que encontros anteriores e o Vicus melloramos a nosa imaxe cunha maior intensidade en defensa, pero seguimos a estar moi lastrados pola nosa deficiencia anotadora. O primiero parcial rematou 11-18 pero sentiamos que aínda estabamos en disposición de loitar pola victoria.

Cea Inicio de Tempada 2019-20

Xa non era sen tempo! nos voltamos a xuntar para unha das nosas ceas de equipo, desta xeira para inaugurar a tempada 2019-20. Un evento que nos axuda a facer equipo. Bo ambiente, cea agradable e saborosa e agasallos para os gladiadores que a tempada pasada acadamos o triunfo na terceira división. Fixádevos se estabamos a gusto que ate se nos esqueceu inmortalizalo momento cunha foto. Menos mal que estiveron listos os máis resistentes na noite para ao final para apuntarse a un selfie. Un pracer coma sempre desfrutar da compaña de todos. Forza Vicus!

Vigo en Xogo: Xornada 3

Centro Equestre Rías Baixas 54 - Vicus C.B. 34

Terceira xornada de Vigo en Xogo. O Vicus sumamos unha nova derrota contra Centro Ecuestre Rías Baixas. O partido escomezou cun intercambio de canastras pero xa aos poucos minutos os noso rivais foron impoñendo o seu ritmo, máis físico e cunha maior velocidade e contragolpes foron abrindo unha fenda no taboleiro, que non mostras en ningún momento de poder recuperar. O primeiro acto rematou cun esclarecedor 30-16, a nosa baixa anotación, un dos problemas que estamos a ter esta tempada, xa amosaba que iamos sufrir neste encontro.

Vigo en Xogo: Xornada 2

Vicus C.B. 39 - 54 Fisiomiño

Segunda xornada de Vigo en Xogo, como na xornada anterior tocaba enfrontarnos a un rival coñecido, Fisiomiño Xestas. Un opoñente de gran nivel que xa se mostrou o ano pasado coma o equipo máis forte da competición. Ademáis se reforzou adecuadamente para esta tempada na zoa interior. O encontro comezou con pouco acerto no tiro exterior dos nosos rivais que xunto cunha inesperada firmeza no rebote defensivo permitiunos levar unha certa vantaxe incial no taboleiro. Nembargantes, pouco a pouco, o seu acerto mellorou e comprobouse que o partido estaba destinado a ser igualado, rematando a primeira metade cun 18-25.

Vigo en Xogo: Xornada 1


C.B. Mariano 0 - 20 Vicus CB


Primeira xoranda da tempada 2019-20 de Vigo en Xogo. O Vicus enfrontábase a C.B. Maraino, rival conecido da tempada pasada. Nembargantes, por motivo dunhas inesperadas lesións os nosos rivais non presentaron equipo no encontro polo que automáticamente adxudícasenos a victoria por 20 a 0.

Vigo en Xogo 2019-20

Por segunda tempada, afrotamos a competición de Vigo en Xogo. Este ano agárdannos maiores retos na segunda divisón, cun equipo que conta con 3 novas incorporación e duas baixas considerables con respecto ao ano pasado. Desexamos que ogallá no plano deportivo nos vaia tan ben como foi a tempada pasada, pero o que si é seguro e que desfrutaremos aínda máis. Forza Vicus!

Amistoso Pretempada C.B. Caselas

Celebramos onte un partido de pretempada 2019 invitados polo Club Baloncesto Caselas en Salceda.
Encontro que nos serve para preparar os nosos clubes para o comezo da tempada que se achega. Un pracer acudir a súa chamada! Xa se vai convertindo en cita obrigada! 😊 Gracias pola invitación!
#VicusCB
#CBCaselas
#PartidoAmigable
#QuecendoMotores
#Pretempada2019



Canchas nos Paises Bálticos

Güeno güeno güeno... resulta que o noso artilleiro Gonzalo Vela Barreiro "Gonzalevic" estivo polos paises bálticos e atopou unhas cantas canchas en Tallin, Vilna e Riga onde afinar a punteria dende a liña de 3 puntos... 🏀🏀

Cancha no Xapón

O enviado especial da Escuela de Empresariales de la Universidad de Vigo a Xapón, puido confirmar a existencia dalgúns reductos baloncestísticos en Tokyo a pesar de que o que lle vai os nipóns é o beisbol!
Gracias reporteiro! 💪💪💪



Entrega Trofeos Vigo en Xogo 2018-19

Unha boa representación do Vicus C.B. acudiu a entrega de premios da tempada 2018-2019, na que como ben sabesdes nos proclamamos campións da terceira division de baloncesto. Un resultado que nos enche de ilusión.

Torneo Fin de Tempada C.B. Seis do Nadal


O Vicus foi invitado polos nosos queridos amigos do C.B. Seis do Nadal a participar no seu Torneo de Final de Tempada 2018-2019. Un triagular a disputar entre o equipo senior adultos do C.B. Seis do Nadal, Amfiv 2 e o Vicus C.B. Os encontros desenvolvéronse cunha sana deportividade e dentro da competitividade. O Vicus gañamos os nosos dous encontros e proclamámonos campións do Torneo. Unha vez máis agradecémola invitación do C.B. Seis do Nadal, sempre é un pracer, amigos...Forza Vicus!
#VicusCB
#6DN

Vigo en Xogo: Trofeo de Copa Rolda 1

Vicus C.B. 36 - 45 Amenaza
Primeria rolda do Trofeo de Copa de Vigo en Xogo, o Vicus sufrimos unha derrota e quedamos eliminados na competición do KO. Hai que dicir, que non fomos afortunados sorteo e tocounos enfrontarnos a un equipo de primeira división, Amenaza, que a pesares de que estivo a xogar a fase de descenso, rematouna en segundo lugar empatado a puntos co primiero. Estamos falando, pois, dun equipo da metade alta da primiera división e o Vicus dímola cara dende logo. No primiero tempo pagamola inactividade xa que levabamos 3 semanas sen competir e os nosos rivais acadaron pronto unha boa renda que fixo rematalo primero acto cun parcial 6-22.

Vigo en Xogo: Estatísticas da Tempada

Rematada a tempada toca facer análise de datos. Ainda que non dispoñemos de datos individuais si a lo menos podemos ofrecervos algúns datos colectivos, que de bo seguro permitiran extraer algunha conclusión sobre o equipo.

Vigo en Xogo: xornada 27

El Garaje 21- 53 Vicus C.B.
Vixesimoseptima e derradeira xornada de Vigo en Xogo. O Vicus vimos de proclamarnos campións da categoría de Vigo en Xogo, algo que nos enche de orgullo. Para facer boa a vitoria da xornada pasada debíamos gañar a El Garaje. Nun encontro que se presumía máis doado ca o anterior pero no que ademáis non afrouxamos nin nos relaxamos e presentando a plantilla ao completo festexamos un novo triunfo. No primeiro tempo axiña acadamos unha renda ante uns rivais que non se atopaban especialmente motivados, pechando o parcial cun claro 9-31.

Vigo en Xogo: Xornada 26

Vicus C.B. 45-39 Fisiomiño Xestas
Vixésimosexta xornada de Vigo en Xogo. Nun agardado encontro O Vicus enfrontabamosnos ao líder do play off, Fisiomiño, con posibilidades de superalo na clasificación e acadámolo. O partido foi disputado como agardabamos e os dous mellores equipos da división puxemos todala carne no asador para levala vitoria. O primeiro tempo escomezou co Vicus concentrado e acadando as primeiras vantaxes no marcador, iso si nunca máis aló dos dez puntos, cunha boa defensa e rebote, tanto ofensivo coma defensivo, nestes primeiros 25 minutos, para rematar cunha máxima renda de oito puntos arriba no electrónico 20-12.

Vigo en Xogo: Xornada 25

C.B. Mariano 44 - 55 Vicus C.B.
Vixésimo quinta xornada de Vigo en Xogo. Comezamos a decisiva terceira volta da fase de ascenso enfrontándonos a C.B. Mariano. Era vital a vitoria para acadar matematicamente o segundo posto nos playoffs. O Vicus mantivémonos por diante no marcador durante tódala primeira metade, axustando ben a defensa, movendo con acerto o balón e castigando co rebote ofensivo, na mentres o Mariano seguía enganchado ao encontro co tiro exterior (19-27).

Vigo en Xogo: Xornada 24

Vicus C.B. 51 - 33 El Garaje
Vixésimo cuarta xornada de Vigo en Xogo. Pechamos a segunda volta da fase de ascenso con pleno de vitorias trala derradeira sumada fronte a El Garaje. O partido manexouse, no seu primeiros período, en diferenzas arredor dos 10 puntos a prol do Vicus que pese a despregarmos un bo xogo non acadamos incrementar mais dita renda. Destacou o xogo baixo os taboleiros dos nosos pivotes (29-21).

Vigo en Xogo: Xornada 23

Fisiomiño Xestas 39 - 40 Vicus C.B.
Vixésimo terceira xornada de Vigo en Xogo. Acadamos unha meritoria vitoria fronte ós, ate agora invictos, Fisiomiño. O partido foi igualado case todo o tempo, se ben fomos o Vicus quenes dispuxemos de vantaxes no primeiro parcial pero os nosos propios erros permitían os nosos rivais igualalo partido de novo. De todolos xeitos pechamos o primeiro tempo dispoñendo dunha renda de 8 puntos (15-23).

Vigo en Xogo: Xornada 22

Vicus C.B. 55 - 32 C.B. Mariano
Vixésimo segunda xornada de Vigo en Xogo. Escomezamos a segunda volta da fase de ascenso acadando unha importante vitoria fronte a C.B Mariano rivais que nos gañaran nos dous últimos enfrontamentos directos. O partido comezou con acerto dende a liña de 3 de Mariano con dúas triplas consecutivas que neutralizaron as nosas primeiras vantaxes. Mantivéronse esta primeira metade cunhas distancias mínimas no marcador sempre a prol do equipo visitante ate que unha serie de erros do Vicus foron castigados por Mariano colleitando unha vantaxe de 7 puntos. Á falta de algo menos de 3 minutos para o descanso, tras un tempo morto local, trocamos a defensa ao home, e acadamos un parcial 5-0 para pechar o primeiro acto cun 19-21 e con todo por decidir.

Vigo en Xogo: Xornada 21

El Graje 40 - 62 Vicus C.B.
Vixésimo primera xornada de Vigo en Xogo. Rematamos a primeira volta da fase de ascenso cunha vitoria fronte a El Garaje que rompe cunha racha de tres derrotas consecutivas. O partido mantívose igualado durante a primeira metade, pequenos estiróns do Vicus eran respostados por canastras dos nosos rivais dende o perímetro e a pesar de que nalgún intre a renda chegou ate os 6 puntos, finalmente pechouse o período cunha mínima vantaxe de 3 puntos (25-28).

Vigo en Xogo: Xornada 20

Vicus C.B. 42 - 54 Fisiomiño Xestas
Vixésima xornada de Vigo en Xogo, que corresponde co noso segundo partido da fase de ascenso. O Vicus enfrontábase a Fisiomiño, equipo que rematou como líder a primeira fase. O partido mantívose con igualdade durante toda a primeira metade e só nos últimos intres, un cambio a defensa individual de Fisiomiño, cun aumento da presión sobre a subida de balón, provocounos unha serie de perdas que concederon canastras fáciles, permitindo aos nodos rivais irse ao descanso cunha renda de 7 puntos (25-18).

Vigo en Xogo: Xornada 19

C.B. Mariano 54 - 52 Vicus C.B.
Decimonovena xornada de Vigo en Xogo, primeira xornada da segunda fase. O Vicus enfrontabamosnos de novo a C.B.Mariano. Trala derrota contra os mesmos na derradeira xornada da primeira fase, recuperabamos parte das baixas do partido anterior. Este encontro estivo marcado por unha gran igualdade, sen que ningún dos dous equipos fose quen de abrir distancias claras no marcador. O Mariano fixo dano co seu acerto exterior, mentres o Vicus cargaba o xogo interior. A primeira parte rematou cun axustado 25-23.

Vigo en Xogo: Xornada 18

C.B. Mariano 52 - 42 Vicus C.B.
Decimoitava xornada de Vigo en Xogo, derradeiro da primeira fase. Trala xornada de descanso o Vicus C.B. suma a súa terceira derrota na competición fronte a C.B. Mariano. Un partido no que nos presentabamos con ausencias e non puidemos facer o noso xogo, aínda así a primeira metade rematou con vantaxe para o Vicus 16-23.

Vigo en Xogo: Xornada 17

Decimoséptima xornada da tempada 2018/2019 fronte.... hai non que hoxe temos xornada de descansooo 💪 en #VigoEnXogo . Sexan como fosen os resultados de esta fin de semana o Vicus será o equipo con menor número de puntos encaixados das 3 ligas de Vigo en Xogo... así que ben merecido temos un descansiño! . De tódolos xeitos algo de exercicio é bo asi que aproveitando que en  #Xinzo de Limia están de Domingo Corredoiro... o Lobete do Vicus e Carrapuchiña van precelebrando o Entroido pondo unha pantalla e bailando cás charangas pola vila. Fillo de Lobo, Lobete!! Bo domingo!! Forza Vicus!
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
#Entroido
#XinzoDeLimia
#DomingoCorredoiro
#Tradicion
#DiaDeRosalia
#LoboNaProcuraDeCarrapuchiña