A cuarta xornada da competicón nos deparaba un enfrontamento contra Chocobasket, por segundo partido consecutivo nos atopamos cun dos equipos que mais loita nos presentou a tempada pasada ainda a pesares de gañarlle os dous encontros disputados. Ademáis non se certa nostalxia voltabamos unha das nosas canchas favoritas, o Pavillon do Bervés. Xa no terreo meramente deportivo, tivemos unha saida acertada probablemente o mellor primiero tempo do que vai de tempada, chegando a afastarnos dos nosos rivais ate 15 puntos de renda máxima e con expectaculares xogadas, coma o fantástico mate en contrataque do noso aleiro Alvar Vazquez. Se ben, nos derradeiros minutos do primiero tempo o Vicus padecemos un pequeno bache de anotación xunto con excesivas facilidades na defensa que propiciaron un parcial 2-10 e deixaron o resultado final do primeiro parcial nun máis apretado 32-24. Na segunda metade non se rompeu a tónica do que vai de tempada, o Vicus manten a sua intesidade mentres os rivais se van afundindo aos poucos e as canastras mailos minutos van caendo ao noso favor. Gran satisfacción pola victoria final 65-43 ante un dos posibles rivais directos da parte alta da taboa clasificatoria. Forza Vicus!

.
0 comentarios:
Publicar un comentario