Na decimo quinta xornada da competición tocaba enfrontarnos a Carbón Bemafrica e aínda que en ningún momento perigrou a nosa victoria non saímos de todo satisfeitos co noso xogo. Por intres os nosos rivais amosaron máis gañas e intensidade no partido, na metres que o Vicus caimos en erros que apenas cometemos nesta tempada, moitas perdas de balón e unha preocupante desconexión do encontro por algúns minutos. A primiera metade pechouse cun resultado de 15 a 29 prol do Vicus. Xa na segunda metade ensaiamos unha defensa en zoa 3x2 de cara a futuros encontros, pero cos problemas xa comentados apenas gañamos o parcial desta metade por unha estreita marxe de 3 puntos (19-22) para pechar o encontro cun 34-51. O Vicus somos os primieros críticos co noso propio xogo e sabedores como somos de que se nos achegan os partidos máis decisivos para a clasificación final da competición debemos mellorar mentalemente con respecto a este partido. Un toque de atención de cara os vindeiros encontros, eso si, cunha nova voctoria no noso casilleiro. Tamén, como novidade, podedes desfrutar dalguns anacos do encontro grabados en video, que achegamos nesta críonica pero que estartán xa dispoñibles no canal de Youtube do Vicus. Forza Vicus!
0 comentarios:
Publicar un comentario