Vigo en Xogo - Xornada 11


Na xornada 11 de Vigo en Xogo nos enfrontabamos a Rias Baixas un equipo que con so 3 vitorias atópase na parte baixa da táboa e que nembargantes amosou un xogo merecedor de estar uns postos máis acordes a metade da clasificación cando menos. O Vicus, como ven sendo norma nesta tempada, estivo moi sólido tanto en defensa coma en ataque e, ainda que os noso rivais presentaron unha maior resistencia da agardada, fomos pouco a pouco abrindo distancias no marcador. Pechouse a primiera metade cun resultado de 21-35 a prol do Vicus.

Vigo en Xogo - Xornada 10

 

Na décima xornada da competición de Vigo en Xogo, tocábanos enfrontarnos a un rival coñecido doutras tempadas, Raiders.O encontro escomezou con intercambio de canastras, incluso por primeira vez na tempada, co Vicus por embaixo no electrónico, se ben aos poucos o Vicus foi axustando a defensa e recuperando o dominio do encontro.

Vigo en Xogo - Xornada 9

O Encontro da novena xornada de Vigo en Xogo foi un dos partido dos máis disputados da tempada. Nos enforntaba a Neogeo Las Brasas, equipo intenso e con moi bo baloncesto que sen dúbida é outro dos candidatos a disputar o primeiro posto da división. O Vicus saiu enchufado e acadou un parcial 7-0 de partida. Moi serios en defensa, desta vez nuha zoa que se lle atrangantou aos nosos rivais que so acadaron 8 puntos. En canto ao ataque a superioridades interior do Vicus fixo dano e o Neogeo sufriu coas faltas persoais cometendo 11 neste primeiro acto. Ao peche da primeira metade 8-20 a prol do Vicus.