Vigo en Xogo - Xornada 7


Chegamos á xornada 7 de Vigo en Xogo, o Vicus C.B. seguimos a contar os encontros por victorias, e nesta ocasión sumamos unha mais. O noso rival desta xeira foi La Gondola - Lax Tatoo, un encontro con máis tension da que amosa o resultado xa que houbo certas xogadas bruscas e numerosas portestas nas decisións arbitrais. Por sorte, o Vicus non caímos nesas provocacións e fixemolo noso xogo. Coma ben sendo habitual nesta tempada os partidos acaban por madurarse cando o rival de turno perde efectividade fronte o noso ritmo moito mais constante ao longo do mesmo. Así tras unha primeira metade mais axustada que pechamos con 6 puntos de vantaxe (27-33), a fenda abriuse na segunda para acadar unha comoda victoria por 45 a 68. Forza Vicus!

💪
.

Ficha Técnica
19-11-2022
16:00 Balaidos

La Gondola - Lax Tatoo
Vicus C.B
1º Tempo
27
33
2º Tempo
18
35
Final
45
68

0 comentarios:

Publicar un comentario