Na décima xornada da competición de Vigo en Xogo, tocábanos enfrontarnos a un rival coñecido doutras tempadas, Raiders.O encontro escomezou con intercambio de canastras, incluso por primeira vez na tempada, co Vicus por embaixo no electrónico, se ben aos poucos o Vicus foi axustando a defensa e recuperando o dominio do encontro. Xa nesta primiera metade fíxose patente que o Vicus tiña maior recambio dende o banquillo que Raiders que en canto comezaron os primieros trocos perdeu acerto e intesidade. O primeiro acto rematou xa cun claro 28-16 a prol do Vicus. Na segunda metade non se alterou a tendencia vista na primeira, Raiders foise apagando e o Vicus mantivo un ritmo moito mais constante, mellorando tamén na defensa, acadando encaixar só 10 puntos anotados neste segundo acto. Ao final do encontro o resultado 56-26 certificaba unha nova victoria para o Vicus que continúa invicto na competición a dous encontros de rematala primira volta.Forza Vicus!

.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
0 comentarios:
Publicar un comentario