Resultados Torneo de Nadal 2015

Un Torneo de Nadal máis: XX memorial Fernando Vázquez! Hoxe desfrutamos dunha moi boa tarde de baloncesto cos nosos amigos de Syspro Basket e Deportes Balbi.

Os resultados dos partidos foron como segue:

Vicus CB - Syspro Basket 46:38 
Syspro Basket - Deportes Balbi 34:27 
Deportes Balbi - Vicus CB 48:32 

Posto que cada equipo gañou un enfrontamento tivose que dilucidar polo basket average. Por tanto a clasificación quedou como segue:

O primeiro Clasificado foi Deportes Balbi 
O segundo Clasificado foi Syspro Basket 
O Terceiro clasificado foi Vicus CB 

O IV trofeo Antonio Priege ó máximo encestador recaeu no xogador do Syspro Basket: Wade.
 Moitas grazas a todos pola vosa asistencia, participación e ó Concello de Vigo polo seu patrocinio.

Bo Nadal pra tod@s

Presentación Torneo de Nadal 2015

Boas noites!
Comprácenos anunciar que xa temos pechado todo para o noso xa tradicional Torneo de Nadal – Memorial Fernando Vázquez 2015, que nesta edición cumpre 20 anos :) .
Nesta ocasión (como nos últimos anos) có apoio da Concellalía de deportes do Concello de Vigo. Data: sábado, 19 Nadal 2015
Horario: de 16:30 a 21:00 horas
Lugar: Pavillón do Berbés, Vigo
Organiza o Vicus CB e participan os nosos amigos de “Sireno Basket” e “Deportes Balbi”.
O calendario de encontros será o seguinte:
16:30 Vicus CB – Sireno Basket
18:00 Sireno Basket – Deportes Balbi
19:30 Deportes Balbi – Vicus CB
¡Invitámosvos a todos a vir e compartir un serán de baloncesto con nós!