Bo Nadal - Feliz Aninovo 2021

 


Bo Nadal e un Aninovo con moooito baloncesto!!

⛹⛹⛹
Pasadeo moi ben e sentidiño, fermos@s!!
Agardamos vervos axiña a tod@s!
😘😘😘🌲🌲🌲

Vicus agardando a volta as pistas

 


O noso osiño Vicus Bear

🐻 coida dos balóns na mentras non podemos adestrar de novo!
📸Evaristo! Gracias pola foto 😉

Viaxe a Taramundi

 


Que resulta queeee o noso querido Vicusiño Viaxeiro Armesto Miguel descubriu que en Taramundi, ademais de faceren unhas navallas que cortan de luxo, tamén aproveitan calquera recuncho pra xogar o baloncesto!!

Coidando un anaco de historia


Ó Vicus sempre lle duran as cousiñas por que as coida. Proba é esta bolsiña de balóns que vai quedar na casa uns caaantos dias, agardando que a pandemia pase e poida voltar ás canchas. A pesares do tempo que ten e ter que facerlle algunhas reparacións nas cremalleiras atopase en boa moi boa saude. O mesmo desexamos para todos os que nos seguides: Coidádevos e coidade @s nos@s velliñ@s quedando na casa.

Vigo en Xogo - Parada da Competición


Bueno isto da COVID púxose serio, a competición parouse e non se sabe cando se vai retomar. O importante agora é coidarse ter #Sentidiño e  #QuedaNaCasa

Vigo en Xogo - Xornada 17

 


Encontro intenso contra Neogeo Las Brasas pero no que no que acadamos unha nova derrota a pesares de manter as nosoa opcions ata os derradeiros minutos. Eso si, esgótanse as posibilidades matemáticas de evitar as plazas de descenso nesta tempada na que estamos a atravesar máis dificultades das agardadas.
.
Forza Vicus! 💪

Vigo en Xogo - Xornada 16

 

Chegamos a Xornada 16 de Vigo en Xogo, cun enfrontamnto contra Castrelanos. A pesares de escomenzar igualados e manter a tensión no primeiro parcial rematamos cedendo outra derrota nunca segunda parte moi pouco acertada cara a canastra. Seguiremos loitando pra tentar sair da zona de descenso da clasificación.

Vigo en Xogo - Xornada 15


 Plantel do Vicus CB na xornada 15 da tempada 2019/2020 fronte #LaGondolaFoodBalbi en #VigoEnXogo.

.
Partido fronte o 2° clasificado da liga e que, por tanto, se presentaba complicado xa dende o comezo pola capacidade anotadora do rival. Sen embargo demos a cara dende o comezo do encontro, empezando cun parcial de 0-7 pra o Vicus e sendo quen de manter a tensión durante toda a primeira parte contendo a anotación do rival, para un resultado de 19-16 para eles ó descanso.

Vigo en Xogo - Xornada 14

 


Xornada 14 da tempada 2019/2020 fronte #CarbonBemafrica acadamos por fin unha nova victoria. Tristemente esta tempada saben moi doces por escasas. Un partido completo no que a pesares dun plantel reducido de 6 xogadores mantivemos o tipo e acadamos unha merecida victoria fronte un rival que plantou cara no primiero tempo pero no segundo foise desinflando..

Vigo en Xogo - Xornada 13

 


13° partido da tempada 2019/2020 fronte #Anfiv2 en #VigoEnXogo. Sumamos unha nova derrota nesta difícil tempada. Unha saída con pouca concentración propiciou unha mala primiera parte e ainda que melloramos na segunda non foi dabondo para remontar. Agardaremos mellores ocasións.

Vigo en Xogo - Xornada 12

 


Na xornada 12 de Vigo en Xogo nos enfrentabamos a Centro Ecuestre Rias Baixas. Fomos todo o encontro a remolque e ainda que non baixamolos brazos a superioridade do rival foi abrindo brecha no taboleiro dun xeito constante. Agasrdaremos mellore oportunidades pra sumar victorias.

Vigo en Xogo - Xornada 6 (aprazada)


 Segundo encontro dun finde intenso co encontro aprazado da xornada 6 fronte a #LaGondolaFoodBalbi (2° clasificado da liga).

 #LaGondolaFoodBalbi destaca na 2° de #VigoEnXogos e presentábanse coma un encontro dificil para nós. E ainda que non obtivemos a victoria, reperimos a boa actuación do día anterior; voltando a ir por diante en moitos momentos no taboleiro, fixemos o noso xogo e non deixamos de loitar ata o final con boas defensas e acerto en ataque.

Vigo en Xogo - Xornada 11

 


Xornada 11 dun finde intenso con dobre partido, fronte a #FisiomiñoXestas (1° clasificado da liga).

#FisiomiñoXestas marca a diferencia claramente na 2° de #VigoEnXogos e presentábase coma un encontro pouco asequibles pra nós. Pois ainda que non obtivemos a victoria en, sen dúbida foi un dos os nosos mellores partidos do que vai de tempada; chegamos a ir gañando durante mais da metade do encontro, fixemos o noso xogo e non foron quen de despegarse de nós polas boas defensas e o noso acerto en ataque.

Vigo en Xogo - Xornada 10

 


Voltamos á competición despois do parón dos Reis Magos

👑👑👑
Décimo partido da tempada 2019/2020 fronte #CBMariano en #VigoEnXogo. Comezamos o ano pouco acertados 😣, non fixemos o noso xogo e perdemos o encontro. O finde que ben, mais e mellor!
Forza Vicus! 💪

Viaxe por Europa

 


Weno weno cá Basketnavidad... a última achega de #VicusiñosViaxeiros... temos un pouquiño de cancha en Budapest, un chisquiño de Bratislava e un aquel de Viena, onde disque cubren as canchas cunha rede por que non lles gustan os tiros bombeados... a que si Rubén Fontán Alonso??