Resultados Torneo de Nadal 2017

Un Torneo de Nadal máis: XXII memorial Fernando Vázquez!
Hoxe desfrutamos dunha moi boa tarde de baloncesto cos nosos amigos de “Centolos Puño de Amura” e “Guitián Kids”. Ainda que algún resultado fora abultado de mais 😰
O comportamento de ambos equipos foi excepcional.
Os resultados dos partidos foron como segue:
Vicus CB – Guitián Kids  26:32
Guitián Kids – Centolos 40:47
Centolos – Vicus CB  83:40
A clasificación foi a seguinte:
Campión: Centolos PuñoDeAmura
Subcampión: Guitián Kids
Terceiro clasificado: Vicus C.B.
O VI Trofeo “Antonio Priege” ó máximo encestador recaeu no xogador do equipo "Centolos PuñoDeAmura": Alex Pérez, cunha puntuación de 33 puntos.
Moitas grazas a todos pola vosa asistencia, participación e especialmente ó Concello de Vigo e á Concellalía de Deportes polo seu patrocinio.
Bo Nadal pra tod@s
#VicusCB #TorneoDeNadalVicusCB #Nadal #BaloncestoEnNadal
#EquipoBaloncesto #ConcelloDeVigo #ConcellaliaDeDeportes
#VigoDeRecord #SanSilvestreVigo
#Vigo #CentolosPuñoDeAmura #GuitianKids @clinicaguitian

Achégase o Torneo Nadal 2017

Non nos da chegado o comezo do Torneo de Nadal mañá no Pavillón de Navia a partires das  16.00 horas. Agardámosvos!


#VicusCB #TorneoDeNadalVicusCB #Nadal #BaloncestoEnNadal
#EquipoBaloncesto #ConcelloDeVigo #ConcellaliaDeDeportes
#Vigo #CentolosPuñoDeAmura #GuitianKids @clinicaguitian

Presentación Torneo de Nadal 2017

Velaquí vos deixamos o Cartel pra edición 2017 do Torneo de Nadal do Vicus CB.
Agardámosvos no Pavillón de Navia o domingo 17.12.2017 de 16:00 a 20:30 horas.