Vigo en Xogo - Xornada 17

Na xornada 17 tiñamos un dos partidos decisivos desta segunda volta. Un enfrontamento contra o segundo clasificado Chocobasket que podía escalrecer non só o ascenso sed non a propia vitoria final da división. O Vicus pasamolo reto con boa nota, un partido disputado pero no que sempre estivemos por diante no marcador. Na primiera metade O Vicus saimos entonados como en poucas ocasións e acadamos as primieras canastras desconcertando aos noso rivais cun parcial 2-9. Sempre co electronico ao noso favor o encontro entrou nunha fase de intercambio de canastras e a vantaxe no marcador mantivose ata os inter finais da primiera metade cando fomo que de estirala un chisco mais ata pechalo parcial cun 21-33 ao noso favor. Unha das mellores primeiras metades do Vicus esta tempada.

De saida no segundo acto Choco Basket foron a por todas e recurtaron distancias chegando a poñerse só a 3 puntos de diferenza no marcador, pero cando máis o necesitabamos unha xeira de acertos no tiro exterior, triplas incluidas voltou a situarnos nos 10 puntos de distancia, e os nosos rivais acusaron o golpe. De ahi ao final o reloxo correo ao noso favor e pechamolo encontro sen mais apuros cun contundente 45-58. Vitoria importantísima do Vicus sobre o inmediato rival. Quedannos ainda moitos encontros pero esta vitoria esclarece o camiño do primeiro posto final na competición xa que acadamos 3 vitorias de diferencia sobre o segundo clasificado. Forza Vicus! 

💪
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2022



Ficha Técnica
3-4-2022
19:45 Carmen
Estatísticas

Choco Basket
Vicus C.B
1º Tempo
21
33
2º Tempo
24
25
Final
45
58

0 comentarios:

Publicar un comentario