Vigo en Xogo: Xornada 17

Decimoséptima xornada da tempada 2018/2019 fronte.... hai non que hoxe temos xornada de descansooo 💪 en #VigoEnXogo . Sexan como fosen os resultados de esta fin de semana o Vicus será o equipo con menor número de puntos encaixados das 3 ligas de Vigo en Xogo... así que ben merecido temos un descansiño! . De tódolos xeitos algo de exercicio é bo asi que aproveitando que en  #Xinzo de Limia están de Domingo Corredoiro... o Lobete do Vicus e Carrapuchiña van precelebrando o Entroido pondo unha pantalla e bailando cás charangas pola vila. Fillo de Lobo, Lobete!! Bo domingo!! Forza Vicus!
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2019
#Entroido
#XinzoDeLimia
#DomingoCorredoiro
#Tradicion
#DiaDeRosalia
#LoboNaProcuraDeCarrapuchiña

Vigo en Xogo: Xornada 16


Vicus C.B 57 - 19 Raiders

Decimosexta xornada de Vigo en Xogo, o Vicus C.B. acada unha nova vitoria na primeira fase da competición ante Raiders. O partido escomezou desacertado de cara a canastra pola parte de ámbo-los dous equipos de xeito que pasados cinco minutos de xogo o resultado aínda era 4-0. Pero pouco a pouco o Vicus foi convertindo en canastras máis ataques namentres Raiders víase castigado físicamente e polas personais, coas súas habituais protestas. Unha serie de rápidos contraataques fixo que ao peche do primeiro acto o Vicus abriramos brecha no electrónico (26-9).

Vigo en Xogo: Xornada 15


Openworld 24h 40 - 65 Vicus C.B.

Decimoquinta xornada de Vigo en Xogo, o Vicus C.B. prosegue a súa andadura na competición cunha nova vitoria no enfrontamento contra OpenWorld 24h. No primeiro tempo o Vicus non foi quen de impoñer un ritmo que lle permitise abrir distancia no marcador. O xogo desenvolveuse por rachas de acerto e desacerto nas que os nosos rivais atopábanse máis cómodos, ate rematar cun 13-21, máis axustado do esperado, no electrónico.

Vigo en Xogo: Xornada 14


Vicus C.B. 64 - 25 NBAD


Decimocuarta xornada de Vigo en Xogo, o Vicus C.B. acada unha nova victoria no seu enfrontamento contra NBAD. O Vicus mantivemos un alto ritmo de xogo, sendo un dos encontros que mellor concentración tivemos de inicio acadanado un parcial de 14-2 ao abrilo partido. Sen sufrir ningún dos nosos baches habituais de xogo a diferencia non fixo máis que medrar. Xunto cunha defensa que os nosos rivais non eran quenes de superar rematou o primeiro parcial con un sentenciador 29-6.