Resultado Torneo de Nadal 2009

Boas a tod@s,
unha edición máis do Torneo xa pasou. Disfrutouse xogando con dous rivais de calidade.
Finalmente o equipo C.B. Baiona alzou o trofeo de campión, o Puerto Vigo o de subcampión e nós tivémosnos que conformar nesta ocasión có terceiro premio (:-S)

Os resultados dos encontros foron como segue:
Vicus C.B. - C.B. Baiona 34:45
C.B. Baiona - Puerto Vigo 40:22
Puerto Vigo - Vicus C.B. 49:44

En canto o Trofeo ó máximo encestador foi para o dorsal nº 4 do C.B Baiona, Leyenda.

Agardamos que todos o pasaran/pasarades ben e convidámosvos a tod@s pra vindeira edición.

Unha aperta a tod@s e Bo Nadal.

Presentación Torneo de Nadal 2009


Boas a tod@s,

un ano máis imos celebrar o noso Torneo de Nadal - Memorial Fernando Vázquez, xa case tradicional nestas datas, pois con esta xa van 14 edicións.

Nesta ocasión os convidados serán:
o Club Baloncesto Baiona

e o Puerto Vigo, que xa foi convidado noutras edicións e que colabora có VICUS CB patrocinando o evento.

A eles agradecemos a súa participación e disposición pra participar nesta XIV edición do Torneo. Por último, agradecemos especialmente á Consellería de Deportes do Concello de Vigo, que un ano máis da pulo a esta iniciativa a través do seu patrocinio.


Unha aperta a tod@s

Vicus C.B.

Benvida ó noso blog



Boas e benvidos ó blog do Vicus Clube de Baloncesto. Non era sen tempo, o nos sumar a este tipo de publicacións, así pois tentaremos tervos informados sobre cousiñas referidas ó mundo do baloncesto, así como as cousas que imos facendo, competicións onde participamos ou que organizamos, como o noso "Torneo de Nadal - Memorial Fernando Vázquez" que este ano cumprirá a súa edición XIV.

Sen máis recibide un saúdo.