Torneo de Nadal

Foi no ano 1996 cando o clube, aínda en competición na liga Zonal Senior, organizou o “I Torneo de Nadal – Memorial Fernando Vázquez” en memoria do ex-xogador do Vicus falecido nese mesmo ano. Ós poucos, có esforzo dos xogadores do Clube, así como cá axuda do Concello de Vigo e de algúns patrocinadores, este evento foise convertendo nun clásico das datas de Nadal na Cidade de Vigo.


Trátase dun torneo con formato triangular onde en medio día cada equipo xoga dous partidos con premios para o Campión, Subcampión e 3º clasificado , así como premio ó máximo encestador, que dende o ano 2012 leva o nome dun antigo xogador do Vicus: Trofeo “Antonio Priegue”.