Vigo en Xogo - Xornada 13

Trala xornada de descanso que nos tocaba na xornada 12 da competicion tinamos un encontro importante para pechala primeira volta da competición. Nos enfrontabamos a Inter de Melón, os terceiros clasificados que ademáis vinan amosando uns brillantes resultados nos ulltimos encontros, cunhas altas anotacións. O encontro presumíase por todo o alto e como é debido nas grandes ocasións o entorno foi o axeitado ao xogar na pista central de Travesas. Fixemos algo de labor de scouting e sabiamos que era un equipo intenso e físico capaz de presionala subida de balón durante todo o encontro. Así mesmo no xogo interior nos sabiamos superiores. Decidimos pecharnos nunha defensa en zoa para dificultalas penetracións do rival e aseguralo rebote defensivo. No arranque do encontro acadamos unha minima vantaxe e partir dese intre o encontro foi un intercambio de golpes de alta intensidade. Non se cedeu ningún momento e ningún dos dous equipos tivo un baixon de xogo que o afundise. A primiera metade pechose a prol do Vicus 26-18 ca sensación de que o Vicus piudo ter unha renda maior. O segundo encontro non tivo variación na intensidad, por intres o Vicus estirou a renda ata os 10 puntos e comezamos a xogar un pouco co reloxoso sabedores de que remontar ca modalidade de tempo corrido é moi dificil. Ainda así a arbitraxe nos ultímos minutos foi moi permisiva con moitas accións inexplicables que non cobrarsen falta ao noso favor o que fixo que os rivais aninda creesen nunha posibilidade de victoria. Ao final unha nove victoria do Vicus dun disputado e brillante encontro que ainda lle da mellor sabor. Despedimos a primiera volta invictos e líderes destacados da clasificación. Forza Vicus!

💪
.

Ficha Técnica
30-01-2022
17:45 Central Travesas
Estatísticas

Vicus C. B.
Raiders
1º Tempo
26
18
2º Tempo
21
23
Final
47
41



0 comentarios:

Publicar un comentario