Bo Nadal - Feliz Aninovo 2022

 


O Vicus C.B. desexavos a todos un Bo Nadal en un Feliz Aninovo 2022.

Vigo en Xogo - Xornada 4

 

O encontro da cuarta xornada de Vigo en Xogo que nos enfrontaría a Choco Basket foi aprazado, polo que non disputaremos encontro esta xornada e terá que ser recuperado en futuras xornadas. Non nos ven mal, en todo caso, xa que así encadeamos xa co parón polo Nadal e aprobeitamos para recuperarnos dalgunhas lesións e contusións. 

Forza Vicus! 💪
.

Vigo en Xogo - Xornada 3

Terceira xornada de Vigo en Xogo tiñamos como rival a Castrelanos un equipo que tamén viña invicto tralos dous primeiros encontros ligueiros. Un equipo xoven e con moi bo saber facer. Pero o Vicus despregamos un xogo salientable especialmente pola súa machacona constancia que foi facendo mella no noso rival. No primero tempo o xogo interior e tiros dende o perímetro foron as nosas mellores armas, e ainda que nalguns intres os nos rivais, encadenando rachas de acerto de tiro, reduciron a vantaxe por debaixo da barreira psicolóxica dos 10 puntos, axiña se impoñia de novo esa constancia do Vicus acadando a maior renda no final do primeiro acto (30-15).

Vigo en Xogo - Xornada 2

Na segunda xornada da competición de Vigo en Xogo, o Vicus CB nos enfrontabamos a Carbón Bemáfrica. No primero tempo o único recurso dos nosos rivais foi o tiro exterior, metres o Vicus cargabamos o xogo nos nosos homes da pintura combinados en ocasións con precisos cortes cara canastra dos homes exteriores.