Chegamos á xornada 19 da competición Vigo en Xogo e trala decisiva victoria ante Chocobasket afrontamos unha xeira de encontros contra equipos da parte media e baixa da táboa clasificatoria. Nesta xornada nos enfrontabamos a Nutribiótica. O Vicus estivo por diante sempre no marcador sen excesivas dificultades ainda que a primiera metade pechouse cun mais axustado do esperado 19-26. Nembargantes as sensacions eran que con pouco que apretara o aceledor o Vicus íase doadamente no marcador, así que paseniñamente fomos impoñendo o noso ritmo que sendo máis pausado en esta encontro que en outros serviu para levarnos unha cómoda victoria. Para rematar un 39-56 no electrónico certifica unha nova vicotria nesta tempada que está a ser espectacular. Forza Vicus! . #VicusCB #ForzaVicus #VigoEnXogo #VigoEnXogo2022
0 comentarios:
Publicar un comentario