Vigo en Xogo - Xornada 16

No terceiro encontro da segunda volta, a decimo sexta xornada da competición de Vigo en Xogo, tiñamos ante nos un rival dos incómodos, poderiamos decir: Castrelanos. Un equipo que se atopa na parte baixa da clasificacíon pola sanción que recibiron na primeira volta debido a irregularidades nas súas alineacións. Ademais do incómodo rival sumábase o feito de xogar un domingo as 9 da mañá, o mesmo dia que se produce o cambio de hora de verán e nun pavillón inédito ata o de agora na competicíon, Sárdoma.

Vigo en Xogo - Xornada 15

Na decimo quinta xornada da competición tocaba enfrontarnos a Carbón Bemafrica e aínda que en ningún momento perigrou a nosa victoria non saímos de todo satisfeitos co noso xogo. Por intres os nosos rivais amosaron máis gañas e intensidade no partido, na metres que o Vicus caimos en erros que apenas cometemos nesta tempada, moitas perdas de balón e unha preocupante desconexión do encontro por algúns minutos.

Vigo en Xogo - Xornada 14

Xornada 14 da competición Vigo en Xogo. Comezamos a segunda volta da liga enfrontándonos C.B. Mariano. O partido estivo dominado polo Vicus de principio a fin acadando tanto a maior cantidade de puntos anotados coma o menor tanteo encaixado no que vai de tempada. Un xeito magnífico de comezar a segunda volta e afrontar a vindeira xeira de partidos decisivos. No primiero tempo, a pesares de que non tivemos unha alta porcentaxe de tiro, axiña acadamos unha boa renda no marcador, froito das multiples oportinudades que nos brindou o noso rebote ofensivo. Tódolos xogadores do Vicus, tanto os de inicio coma os recambios foron aportando de xeito moi positivo ata rematalo primiero parcial cunha xugosa renda de 21 puntos a favor (35-14).

Vigo en Xogo - Xornada 13

Trala xornada de descanso que nos tocaba na xornada 12 da competicion tinamos un encontro importante para pechala primeira volta da competición. Nos enfrontabamos a Inter de Melón, os terceiros clasificados que ademáis vinan amosando uns brillantes resultados nos ulltimos encontros, cunhas altas anotacións. O encontro presumíase por todo o alto e como é debido nas grandes ocasións o entorno foi o axeitado ao xogar na pista central de Travesas. Fixemos algo de labor de scouting e sabiamos que era un equipo intenso e físico capaz de presionala subida de balón durante todo o encontro. Así mesmo no xogo interior nos sabiamos superiores. Decidimos pecharnos nunha defensa en zoa para dificultalas penetracións do rival e aseguralo rebote defensivo.