Vigo en Xogo - A hora da verdade

Chegamos ao final da competición e cun guión digno de película a fortuna quixo que no derradeiro encontro de liga nos enfrontemos os dous equipos que nos xogamos a vitoria final no campionato. 100 Tolos vs Vicus. Merecidamente os dous mellores equipos da competición. 100 Tolos chega con unha soa derrota, a colleitada contra o Vicus na primeira volta. O Vicus acumula dúas derrotas que non impiden que cheguemos a esta ultima xoranda coas opcións intactas. O que gañe será campión!! O partido de baloncesto máis atractivo do baloncesto amateur en Vigo destas ultimas tempadas!! E non é que o digamos nos! Vigo en Xogo mesmo recoñece a calidade deste encontro e nos facilita a mellor pista dispoñible en Vigo para disputalo: a Pista Central de Travesas!!! Se che gusta o baloncesto non o podes perder!!

📅Data: domingo 7.05.2023
⏲Hora: 20:00 horas
📍Lugar: Pista Central Pavillón de Travesas