Vigo en Xogo - A hora da verdade

Chegamos ao final da competición e cun guión digno de película a fortuna quixo que no derradeiro encontro de liga nos enfrontemos os dous equipos que nos xogamos a vitoria final no campionato. 100 Tolos vs Vicus. Merecidamente os dous mellores equipos da competición. 100 Tolos chega con unha soa derrota, a colleitada contra o Vicus na primeira volta. O Vicus acumula dúas derrotas que non impiden que cheguemos a esta ultima xoranda coas opcións intactas. O que gañe será campión!! O partido de baloncesto máis atractivo do baloncesto amateur en Vigo destas ultimas tempadas!! E non é que o digamos nos! Vigo en Xogo mesmo recoñece a calidade deste encontro e nos facilita a mellor pista dispoñible en Vigo para disputalo: a Pista Central de Travesas!!! Se che gusta o baloncesto non o podes perder!!

📅Data: domingo 7.05.2023
⏲Hora: 20:00 horas
📍Lugar: Pista Central Pavillón de Travesas

Vigo en Xogo - Xornada 25 Descanso


Na xornada 25 da competicion ao Vicus C.B. tocalle xornada de descanso, seguimos a adestra seriamente para preparalo mellor posible o derradeiro e decisivo enfrontamento contra 100 Tolos na agardada xornada decisiva da liga. Forza Vicus! 

💪
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2023

 

Vigo en Xogo - Xornada 24


Penúltimo encontro desta tempada na competición de liga, e último escollo antes do enfrontamento final. Nesta ocasión o rival era Uvigo, un dos equipos da zoa alta da clasificación, polo que non nos podiamos relaxar nin estar a pensar na derradeira xornada.

Vigo en Xogo Xornada 23


Na xornada 23 de Vigo en Xogo ao Vicus nos tocaba enfrontarnos a RedSkins, un encontro que agardabamos fose máis doado que os últimos disputados, se ben novamente nin a pista nin o horario nos favorecían demasiado, Montecastelo é a pista na que perdimos os unicos partidos polo de agora e xogar un domingo as 9:30 soe atragantarnos.

Vigo en Xogo - Xornada 22


Na xornada 22 de Vigo en Xogo o Vicus C.B enfrontabamonos a Marrajos la Leyenda, un dos equipos que nos venceu esta tempada, no encontro da primiera volta. O encontro non foi doado e tiñamos gañas de mellorala imaxe dada no anterior, pero a primeira metada non despexou as dubidas e pechouse cun apretado 28-26 a prol do Vicus, cuns malos ultimos minutos de xogo.

Vigo en Xogo - Xornada 21


Chegamos a xornada vixésimo primiera da competición e tiñamos un duro enfrontamento contra o equipo Mar Ibérica, sen opcións a outra derrota precisabamo gañar si ou si. O encontro saeu disputado na primiera metade co Vicus por enriba sempre no marcador pero sen rompelo totalmente, pechouse o acto cun axustado 28-34.

Vigo en Xogo - Xornada 20


Pechamos esta fin de semana de dobre partido co encontro correspondente a vixésimo xornada da competición fronte a La Gondola Lax Tatoo. O encontro previase tenso tras certos incidentes no da ida máis non foi o caso e transcorreu con total tranquilidade.

Vigo en Xogo - Xornada 16 Aprazado


No va fin de semana con xornada doble. No sábado recuperamos o partido aprazado da xornada 16 fronte a C.B. Inter de Melón. Trala derrota da semana pasada afrontamos o encontro ca responsabilidade de que non hai mas marxe para erros, a anterior derrota é a única que nos podemos permitir no que queda de tempada se queremos chegar ao derradeiro partido da liga contra 100 Tolos con dependendo de nos mesmos.

Vigo en Xogo - Xornada 19

A xornda 19 da Vigo en Xogo ollou a segunda derrota do Vicus. Un partido contra Hippo Talleres onde non nos sairon ben as cousas, a pesares de ir por diante no marcador en varias ocasions. O primiero tempo rematou cunha escasa vantaxe a prol do Vicus de 4 puntos 20-24.

Vigo en Xogo - Xornada 18


Tras duas semanas sen competir por un aprazamento e unha vitoria por incomparecencia dos nosos rivais, chegamos a decimosexta xornada de liga enfrontándonos a un vello coñecido Fisiomiño Xestas. O encontro disputouse nun horario e día perigoso, xogar un domingo as 9:30 da mañá pode traer consecuencias negativas.

Vigo en Xogo - Xornada 17


Na decimoseptima xornada de Vigo en Xogo nos tocaba enfrontarnos a Chocobasket pero non se produciu o encontro por incomparecencia do equipo rival, dandose o triunfo ao Vicus por 0-20.

Vigo en Xogo - Xornada 15


Xornada decimoquinta da competición, seguimos avanzando na segunda volta da liga Vigo en Xogo. Desta xeitra nos tocaba enfrentarnos a Basket Hound. O encontro transcorreu sen demasiados atrancos e co Vicus xogando a sen excesivas dificultades puidendo dar minutos a xogadores menos habituais que aportaron satisfactoriamente.

Vigo en Xogo - Xornada 14


Comezamos a segunda volta na xornada 14 da competición cun encontro que nos enforntaba a Amenaza. O Vicus dominou o partido dende o comezo sen ser un partido brillante xogando a un ritmo máis pausado.

Vigo en Xogo - Xornada 13

 

E por fin chegou o final da primiera volta e o partido mías decisivo do ano. Se o Vicus quería seguir dependendo de sí mesmo para acadalo campionato precisaba gañar este encontro. Un encontro que nos enfrontaba aos gañadores dos ultimos anos desta competición e sen dubida o máis duro rival desta liga, 100 Tolos Puó de Amura. O encontro non defraudou e foi seguido por numeros público, a moir parte simpatizantes dos noso rivais pero tamen curiosos e membros de outros equipos da liga que se achegaron sabedores de que habia ser un encontro de alto nivel. A hora e o lugar (Pavillón do Bervés) tamén invitaba a achegarse a desfrutar do mellor baloncesto amater da cidade de Vigo, sen dubida.

Vigo en Xogo - Xornada 12 (Descanso)


Nesta xornada 12 de competición ao Vicus C.B. lle correspondia a xornada de descanso. Aprobietamos para preparalo decisivo encontro contra 100 Tolos. 

Vigo en Xogo - Xornada 11

Nesta fin de semana de dobre xornada despois de recuperalo partido aprazado disputado onte ao Vicus tocaballe adfrontar o partido previo a nosa xornaad de descanso. Os noso rivais era Uvigo, un dos equipos da zona noble da clasificación. Do mesmo xeito ca o outro partido desta fin de semana xa nos enfrontaramos a Uvigo no noaso Torneo de Nadal so, fai unha semana. Isto pode facer que os nosos rivais nos coñeceran mellor e nos deran plantexaran máis dificultades pero non foi o caso, e se ben presentaron algo de resistencia incial, conformo foi avanzando o encontro o Vicus foi superando claramente ao nosos rivais.

Vigo en Xogo - Xornada 10


Tralo paron de nadal retomámola competición cunha dobre xornada no mesmo fin de semana, en primeiro lugar disputamos o partido aprazado da xornada 10 con Redskins coma rival. Viñamos de enfrentarnos no noso Torneo de Nadal polo tiñamos ainda fresco dito enforntamento. O encontro discorreu sen especiales dificultades para o Vicus que dende os primieros minutos impuxo o seu xogo.

I Memorial Manolo Sanfer - Resultados


Onte tivemos a oportunidade de participar como convidados no 'I Memorial Manolo Sanfer' en Salceda de Caselas no que o CB Caselas honrou a memoria do dirixente do clube finado en 2019. Un serán xenial onde puidemos desfrutar de bo baloncesto e valores. Podedes saber mais de Manolo Sanfer no panexírico que lle adica o coordinador do clube, Adrian Salgado, e que está dispoñible na web do clube:

Moitas gracias pola invitación! Sempre é un pracer!

I Memorial Manolo Sanfer


O vindeiro sábado 7 de Xaneiro o Club Baloncesto Caselas organiza o "I Memorial Manolo Sanfer" con dous partidos en Salceda:

18.00 horas, primeiro partido CB Caselas Junior fiminino vs Basket Club Limiense.
20.00 horas, segundo partido CB Caselas vs Vicus Clube de Baloncesto.
Ademais moitos mais eventos dende hoxe ata o sábado.
Moitas gracias pola invitación! 👌👌