Feliz Aninovo


Boas a tod@s,
o VICUS CB deséxavos un ano cheo de saúde e cousas boas.
¡Feliz Aninovo 2011!
Unha aperta


Resultados do Torneo de Nadal 2010

Boas a tod@s,
durante a mañá deste domingo 19 celebrouse a última edición do Torneo de Nadal xogando con dous rivais de calidade.
Finalmente o VICUS C.B. alzou o trofeo de campión, o C.B. Puerto de Vigo o de subcampión e o terceiro posto foi para Piñeiro KCE.

Os resultados dos encontros foron como segue:
Vicus C.B. - C.B. Puerto Vigo 66:61
C.B. Puerto Vigo - Piñeiro KCE 53:45
Piñeiro KCE - Vicus C.B. 38:53

Como é costume, tamén entregamos un Trofeo ó máximo encestador. Desta volta foi para o dorsal nº 13 do C.B. Puerto de Vigo, Ángel Fernández, cun total de 45 puntos (23 no primeiro partido e 22 no segundo).

Agradecemos a asistencia dos equipos participantes que fixeron posible unha edición máis do Torneo e, especialmente, a colaboración do Puerto de Vigo có seu co-patrocinio.
Agardamos que todos o pasaran/pasarades ben e convidámosvos a tod@s pra vindeira edición.

Unha aperta a tod@s e Bo Nadal.

Presentación Torneo Nadal 2010

Torneo de Nadal 2010


Boas a tod@s,

despois de algo de tempo sen actualizar, velaquí estamos un ano máis para celebrar o noso XV Torneo de Nadal - Memorial Fernando Vázquez, como habitual xa nestas datas do Nadal.

Nesta ocasión os convidados para o torneo triangular serán:
o C.B. Puerto de Vigo, xa convidado noutras edicións e que colabora có VICUS CB patrocinando o evento.

e o equipo de Vigo Xogos, Piñeiro KCE, que xogará connosco por primeira vez nesta edición.


A eles agradecemos a súa participación e disposición pra participar nesta XV edición do Torneo que este ano vaise celebrar:

Lugar: Pavillón do Berbés
Horario: Domingo día 19 de Decembro das 9.30 ás 14.30 horas.

Por último, queremos agradecer especialmente á Consellería de Deportes do Concello de Vigo, que un ano máis apoia e da pulo a esta iniciativa a través do seu patrocinio.


Unha aperta a tod@s

Vicus C.B.