Chegamos á quinta xornada da competición de Vigo en Xogo, cun encontro que nos enfrontaba a Fisiomiño Xestas. O Vicus C.B saimos moi enchufados ao partido e acadamos unha das meiores primerias metades do que vai de competición, con seriedade na defensa e paciencie en ataque.
Froito dese acerto foi a que posiblemente ata o de agora sexa a meior xogada no que vai de competión, unha rapida transición de ataque na que tódolos xogadores do Vicus tocaron o balón e o moveron con rapidez para ires dun home interior ata o lado contrario e rematar cunha corte sobre o balón que finalizou nunha bandexa e xogada de de 2+1. Ao final do primeiro tempo o Vicus xa acadabamos unha importante renda no electrónico de 19 puntos (15-34).
No segundo tempo non afrouxamos e o partido mantivo a mesma tónica ainda a pesares de que practicamos boas rotaciñons de xogadores, os homes que saina ao campo seguian a mantela intensidade. Cun chisco menos de acerto en ataque pero ca mesma intensidade en defensa. Ao final unha nova vitoria cun indiscutible 28-60. Seguimos pola senda do triunfo nesta competición, á espera dos partidos decisivos contra os que se presupon sexan os rivais directos da parte alta da taboa clasificatoria. Forza Vicus!
.#VicusCB#ForzaVicus#VigoEnXogo#VigoEnXogo2023
Ficha Técnica |
6-11-2022 16:00 Pista Vermella - Travesas |
| Fisiomiño Xestas | Vicus C.B |
1º Tempo | 15 | 34 |
2º Tempo | 13 | 26 |
Final | 28 | 60
|
0 comentarios:
Publicar un comentario