Vigo en Xogo: Xornada 13

Lonza 41 - 58 Vicus C.B.
Decimoterceira xornada de Vigo en Xogo e o Vicus C.B. retomámola senda da vitoria no noso enfrontamento contra Lonza. O Vicus dominamos o partido de principio a fin, cun arranque no que estivo espectacular o noso pívot Chema, imparable para o nosos rivais. Houbo fases de intercambio de canastras pero sempre transmitindo a sensación de ter o partido baixo control, propiciando que a renda fose medrando ate rematar o primeiro acto cun 15-32 no electrónico.

Vigo en Xogo: Xornada 12

Vicus C.B. 45 - 48 Fisiomiño Xestas
Na duodécima xornada de Vigo en Xogo tiñamos un enfrentamento no máis alto da clasificación, primeiros contra segundos. Un encontro que non defraudou en intensidade e tensión por momentos entre, sen lugar a dúbidas, os mellores equipos da categoría. O encontro comenzou con Fisiomiño amosando un gran acerto no tiro exterior. O Vicus con máis dificultades anotadoras e cuns minutos de desacerto e custosas perdas de balóns acumulamos unha desventaxa de 22 puntos. Nembargantes, antes de rematalo primero acto comezamos a invertir a dinámica do encontro, reducindo a vantaxe de Fisiomiño ate rematar cun 15-27.

Vigo en Xogo: Xornada 11


El Garaje 29 - 60 Vicus C.B.

Chegamos á undécima xornada do Vigo en Xogo trala pausa na competición pola festividade de Reis, co primeiro encontro de 2019 que nos enfrontaba a El Garaje. Neste encontro contabamos con dúas baixas significativas, os dous bases do equipo, así coma un novo fichaxe. O partido escomezou cun intercambio de canastras pero aos poucos minutos O Vicus acadaba as primeira vantaxes no marcador. Asegurando o rebote defensivo concedemos poucas segundas oportunidades ao ataque rival, namentres no campo contrario un mellor acerto máis un destacable rebote ofensivo afianzou o marcador, rematando a primeira parte cun 14-30 no electrónico.