E chegou o 25 aniversario do Torneo de Nadal do Vicus CB.
Alá por un xa lonxano 1996, organizamos o primeiro Torneo de Nadal, e con traballo, esforzo e moita ilusión chegamos a esta edición tan especial que se fixo agardar (e moito) pola pandemia!
É asi, que onte sábado desfrutamos dunha mañá de bo baloncesto cós equipos convidados: Redskins e UVigo Basket (ambos de primeira de #VigoEnXogos).
Dende o Vicus C.B. queremos agradecer a todos a vosa asistencia, participación, aos equipos Redskins e UVigo Basket por aceptar a invitación e especialmente ó Concello de Vigo e á Concellalía de Deportes polo seu patrocinio.
Os resultados dos tres partidos foron tal e como segue:
Vicus CB – Redskins 64:19
Redskins – UVigo Basket 34:50
UVigo Basket – Vicus CB 49:59
A clasificación foi a seguinte:
Campión: Vicus CB
Subcampión: UVigo Basket
Terceiro clasificado: Redskins
O IX Trofeo “Antonio Priegue” ó máximo encestador recaeu no xogador n°11 do Vicus CB: Álvar Vázquez.
Moitas gracias polas fotazas Javier Iglesias.
Bo Nadal pra tod@s
0 comentarios:
Publicar un comentario