Vigo en Xogo: Xornada 6

Vicus C.B. 56 - 27 Opeworld 24h



Nova xornada do Vigo en Xogo, a sexta e o Vicus C.B. acadamos a nosa quinta victoria fronte OpenWorld 24h. Neste encontro presentamos un equipo case ao completo cunha soa baixa, por primeira vez no que vai de campionato, e agrádanos comprobar que sen dúbida fixemos a nosa mellor actuación como conxunto.

Cea Comezo de Tempada 2018-2019

Porque xogar é so parte de todo isto... onte desfrutamos xuntos da cea de inicio de tempada 2018-19. Collendo forzas e facendo grupo tamén medramos como equipo. 🏀🏀

Vigo en Xogo: Xornada 5

NBAD 30 - 50 Vicus C.B.



Quinta xornada do Vigo en Xogo, o Vicus C.B. acadamos a nosa cuarta victoria fronte NBAD. Cunha saída ao terreo de xogo con boa concentración ofensiva e defensiva, acadando unha renda positiva que foi medrando en todo momento durante o primeiro acto ate finalizar 14-36.

Vigo en Xogo: Xornada 4

Vicus C.B. 42 - 31 Lonza



Na cuarta xornada do Vigo en Xogo, o Vicus C.B. recuperamola senda da victoria. Nun encontro que foi moi disputado e no que ambos equipos tiveron alternativas a fronte do marcador. Despois duns bos primeiros intres de encontro (9-1), O Vicus tivemos un bache de anotación que durou máis do desexado durante a primeria metade, rematando o primerio parcial en empate no taboleiro (15-15).

Vigo en Xogo: Xornada 3

Fisiomiño Xestas 55 - 44 Vicus C.B.

A terceira xornada do Vigo en Xogo trouxo a primeira derrota do Vicus C.B. Un encontro disputado contra os segundos clasificados Fisiomiño Xestas. Os nosos rivais xogaron un primeiro tempo con mais intensidade, unha maior rotación froito do seu amplo banquillo e aprobeitando os noso erros, acadando unha renda que foi unha pesada lousa para O Vicus.