Feliz Aninovo 2023

 


O Vicus C.B. desexavos a todos un Feliz Ano 2023!!

Torneo de Nadal 2022 - Retirada Dorsal 8

 No Torneo de Nadal de onte houbo unha sorpresa especial que ben merece unha publicación aparte.

Dende que se fundou o Vicus CB alá por Agosto de 1986 moitas persoas estiveron vencelladas a el de distinto xeito: como xogadores/as, patrocinadores, membros da directiva, amigos/as e un longo etc.

Uns viñeron, algúns estiveron durante un tempo, marcharon, algúns volveron anos despois e pasaron segundas e terceiras etapas no clube. Pero tan só unha persoa permaneceu de xeito ininterrompido no clube durante toda a súa historia, ben como xogador ata o 2020, como presidente dende hai anos e como adestrador na actualidade. Esta persoa non é outra que o noso Presi Xose Anxo Vázquez González, que portou o dorsal número "8" do Vicus durante mais de 34 anos e por iso precisamente esa equipación leva o seu nome nas costas. A única camiseta nominal das 18 que temos na actualidade.

Torneo de Nadal 2022 - Resultados


E chegou o 25 aniversario do Torneo de Nadal do Vicus CB.

Alá por un xa lonxano 1996, organizamos o primeiro Torneo de Nadal, e con traballo, esforzo e moita ilusión chegamos a esta edición tan especial que se fixo agardar (e moito) pola pandemia!

É asi, que onte sábado desfrutamos dunha mañá de bo baloncesto cós equipos convidados: Redskins e UVigo Basket (ambos de primeira de #VigoEnXogos).

Dende o Vicus C.B. queremos agradecer a todos a vosa asistencia, participación, aos equipos Redskins e UVigo Basket por aceptar a invitación e especialmente ó Concello de Vigo e á Concellalía de Deportes polo seu patrocinio.



Torneo de Nadal 2022

Xa estamos cá conta atrás para o noso XXV Torneo de Nadal – Memorial Fernando Vázquez que organiza o Vicus CB en memoria do xogador do clube dos anos 80-90.

📅Data: sábado 17.12.2022
⏲Hora: de 09:30 a 14:30 horas
📍Lugar: pavillón do Berbés
Os equipos participantes nesta edición xunto có Vicus serán #UVigoBasket e #Redskins.
.
Un ano máis comprácenos contar coa colaboración da Concelleria de Deportes do Concello de Vigo.
.
Estades todos invitados a desfrutar con nós desta cita! Entrada de balde! .



Vigo en Xogo - Xornada 9


A xornada 9 de Vigo en Xogo achegounos a primeira derrota do Vicus C.B. nun encontro disputado contra Marajos la Leyenda. Ademáis da dor da derrota sofrimos a lesión seria dun dos nosos xogadores que posiblemente se perda o que resta de temporada.