Bo Nadal - Feliz Aninovo 2022

 


O Vicus C.B. desexavos a todos un Bo Nadal en un Feliz Aninovo 2022.

Vigo en Xogo - Xornada 4

 

O encontro da cuarta xornada de Vigo en Xogo que nos enfrontaría a Choco Basket foi aprazado, polo que non disputaremos encontro esta xornada e terá que ser recuperado en futuras xornadas. Non nos ven mal, en todo caso, xa que así encadeamos xa co parón polo Nadal e aprobeitamos para recuperarnos dalgunhas lesións e contusións. 

Forza Vicus! 💪
.

Vigo en Xogo - Xornada 3

Terceira xornada de Vigo en Xogo tiñamos como rival a Castrelanos un equipo que tamén viña invicto tralos dous primeiros encontros ligueiros. Un equipo xoven e con moi bo saber facer. Pero o Vicus despregamos un xogo salientable especialmente pola súa machacona constancia que foi facendo mella no noso rival. No primero tempo o xogo interior e tiros dende o perímetro foron as nosas mellores armas, e ainda que nalguns intres os nos rivais, encadenando rachas de acerto de tiro, reduciron a vantaxe por debaixo da barreira psicolóxica dos 10 puntos, axiña se impoñia de novo esa constancia do Vicus acadando a maior renda no final do primeiro acto (30-15).

Vigo en Xogo - Xornada 2

Na segunda xornada da competición de Vigo en Xogo, o Vicus CB nos enfrontabamos a Carbón Bemáfrica. No primero tempo o único recurso dos nosos rivais foi o tiro exterior, metres o Vicus cargabamos o xogo nos nosos homes da pintura combinados en ocasións con precisos cortes cara canastra dos homes exteriores.

Vigo en Xogo - Xornada 1

Retomamos a competición de Vigo en Xogo. Foron moitísimos meses de espera, que nas pernas e nos brazos aínda semellaron máis longos. A boa nova é que contamos cuns reforzos importantes para esta tempada. Agardamos que supoñan un salto de calidade. Estamos encadrados na segunda división da competición, neste ano conta con só duas divisións de baloncesto. 

Vigo en Xogo - Tempada 2021-2022


 Semellaba que este día non chegaría nunca. Regresamos ao baloncesto, regresamos á Vigo en Xogo, Ainda quedan moitos aspectos por aclarar, pero temos a conformación da Agrupación Deportiva de que se retomará a competición. Este ano agardamos contar con algúns reforzos, pero non adiantemos acontecementos. Vémonos nas canchas!!