Vigo en Xogo: Xornada 22

Vicus C.B. 55 - 32 C.B. Mariano
Vixésimo segunda xornada de Vigo en Xogo. Escomezamos a segunda volta da fase de ascenso acadando unha importante vitoria fronte a C.B Mariano rivais que nos gañaran nos dous últimos enfrontamentos directos. O partido comezou con acerto dende a liña de 3 de Mariano con dúas triplas consecutivas que neutralizaron as nosas primeiras vantaxes. Mantivéronse esta primeira metade cunhas distancias mínimas no marcador sempre a prol do equipo visitante ate que unha serie de erros do Vicus foron castigados por Mariano colleitando unha vantaxe de 7 puntos. Á falta de algo menos de 3 minutos para o descanso, tras un tempo morto local, trocamos a defensa ao home, e acadamos un parcial 5-0 para pechar o primeiro acto cun 19-21 e con todo por decidir.

Vigo en Xogo: Xornada 21

El Graje 40 - 62 Vicus C.B.
Vixésimo primera xornada de Vigo en Xogo. Rematamos a primeira volta da fase de ascenso cunha vitoria fronte a El Garaje que rompe cunha racha de tres derrotas consecutivas. O partido mantívose igualado durante a primeira metade, pequenos estiróns do Vicus eran respostados por canastras dos nosos rivais dende o perímetro e a pesar de que nalgún intre a renda chegou ate os 6 puntos, finalmente pechouse o período cunha mínima vantaxe de 3 puntos (25-28).

Vigo en Xogo: Xornada 20

Vicus C.B. 42 - 54 Fisiomiño Xestas
Vixésima xornada de Vigo en Xogo, que corresponde co noso segundo partido da fase de ascenso. O Vicus enfrontábase a Fisiomiño, equipo que rematou como líder a primeira fase. O partido mantívose con igualdade durante toda a primeira metade e só nos últimos intres, un cambio a defensa individual de Fisiomiño, cun aumento da presión sobre a subida de balón, provocounos unha serie de perdas que concederon canastras fáciles, permitindo aos nodos rivais irse ao descanso cunha renda de 7 puntos (25-18).

Vigo en Xogo: Xornada 19

C.B. Mariano 54 - 52 Vicus C.B.
Decimonovena xornada de Vigo en Xogo, primeira xornada da segunda fase. O Vicus enfrontabamosnos de novo a C.B.Mariano. Trala derrota contra os mesmos na derradeira xornada da primeira fase, recuperabamos parte das baixas do partido anterior. Este encontro estivo marcado por unha gran igualdade, sen que ningún dos dous equipos fose quen de abrir distancias claras no marcador. O Mariano fixo dano co seu acerto exterior, mentres o Vicus cargaba o xogo interior. A primeira parte rematou cun axustado 25-23.

Vigo en Xogo: Xornada 18

C.B. Mariano 52 - 42 Vicus C.B.
Decimoitava xornada de Vigo en Xogo, derradeiro da primeira fase. Trala xornada de descanso o Vicus C.B. suma a súa terceira derrota na competición fronte a C.B. Mariano. Un partido no que nos presentabamos con ausencias e non puidemos facer o noso xogo, aínda así a primeira metade rematou con vantaxe para o Vicus 16-23.