Vigo en Xogo - Xornada 7

 

Séptima xornada da competición na que nos enfrontabamos ao equipo K.C.E. Xa dende os primeiros ataques non houbo dúbida dos vieiros polos que o encontro ía discorrer. A superioridade do Vicus era clarísima e aínda así xogou con nobreza e sen asoballar ao rival. Certo é que algúns membros do equipo rival se tomaron mal a nosa indiscutible superioridade física, decidindo que a súa mellor defensa era empregrarse cunha pouco deportiva dureza. Xustamente me lembrou esta semana un artigo que lin no periódico sobre o escaso número de faltas persoais recibidas que lle pitan ao poderoso pivot do Real Madrid Tavares, semella que, as veces, no tocante á permisividade da dureza, a superioridade física é un triste handicap. Polo demais no extrictamente deportivo a primeira metade pechouse cun parcial 18-34, con fases nas que o Vicus se deixou levar nun encontro que claramente contrastaba ca tensión competitiva do noso anterior enfrontamento contra Chokobasket. Na segunda metada o guión non cambiou en absoluto e o encontro rematou cun claro 25-62. Na parte positiva para o Vicus, sumamos unha victoria máis que nos matén invictos na competición, e que lle demos descanso a algúns xogadores con molestias. Forza Vicus! 💪
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2022  



Ficha Técnica
23-1-2022
15:45 O Carmen
Estatísticas

K.C.E.
Vicus C.B
1º Tempo
18
34
2º Tempo
7
28
Final
25
62

0 comentarios:

Publicar un comentario