Vigo en Xogo - Xornada 8

O segundo encontro deste fin de semana nos enfrontaba a NBAD. Afrontabamos o encontro con dúas baixas importantes e notouse na capacidade de anotación do Vicus. Por fortuna a defensa que mantivemos individual todo o encontro, estivo a un bo nivel, facendo que cada ataque lle costase suor aos nosos rivais. Así, no descanso do primeiro tempo o electrónico amosaba un claro 21-4.

Vigo en Xogo - Xornada 6 Apzdo

No primeiro dos encontros que tiñamos programados esta fin de semana, nos enfrontabamos a Nutribiotica un equipo da metade alta da clasificación. O encontro se correspondía co partido adiado da xornada 6. Os nosos rivais presentaron un equipo de xusto 5 xogadores o cal lles pasou factura dun xeito claro conforme o partido foi avanzando. O Vicus comezou acadando as primeiras vantaxes no marcador que sempre foron a máis.

Vigo en Xogo - Xornada 7

 

Séptima xornada da competición na que nos enfrontabamos ao equipo K.C.E. Xa dende os primeiros ataques non houbo dúbida dos vieiros polos que o encontro ía discorrer. A superioridade do Vicus era clarísima e aínda así xogou con nobreza e sen asoballar ao rival. Certo é que algúns membros do equipo rival se tomaron mal a nosa indiscutible superioridade física, decidindo que a súa mellor defensa era empregrarse cunha pouco deportiva dureza.

Vigo en Xogo - Xornada 4 Apzdo


Este fin de semana O Vicus tiñamos programado recuperalo encontro aprazado da Xornada 4 de Vigo en Xogo. En dito encontro nos enfrontabamos a Chokobasket, equipo que coma o Vicus, chegaba invicto. Seguramente no se poida decir que o encontro fora bonito pero foi o máis disputado do que levamos de tempada. Sen dúbida enfrontábanse os dous principais candidatos a disputarse victoria final da categoria.

Vigo en Xogo - Xornada 6

 


O encontro da cuarta xornada de Vigo en Xogo que nos enfrontaría a Nutribiotica foi aprazado, polo que só disputaremos este fin de semana o encontro aprazado da xornada 4. 

Forza Vicus! 💪
.

Vigo en Xogo - Xornada 5


Quinta xornada de Vigo en Xogo. Tralo partido aprazado na cuarta xornada máis o parón do Nadal, afrontabamos con moitas gañas este encontro. Nos enfrontabamos a Certifix, equipo que se atopa coma nos na parte alta da clasificación, cunha única derrota. O encontro escomezou de xeito positivo para os intereses do Vicus cun parcial 0-7, froito de duas triplas mais un tiro libre.