Vigo en Xogo - Campións Segunda División

Onte asistimos o acto de clausura da tempada 2021/2022 de Vigo en Xogos onde Abel Caballero entregou ó noso presi Anxo Vázquez e a todo o equipo o Trofeo que nos acredita como Campións de liga de Segunda división 💪, pero ademais o Trofeo ó equipo coa máxima anotación da categoría 💪💪, Trofeo á deportividade de segunda división 💪💪💪e tamén o Trofeo absoluto á deportividade de todas as divisións 💪💪💪💪!
Noraboa a todo o grupo por esta tempada tan boa!!
Moitas gracias, cracks!!

Forza Vicus!!

Vigo en Xogo - Xornada 26

Trala xornada 25 que ao Vicus lle tocaba de descanso afrontabamos o derradeiro encontro da tempada contra Inter de Melon, un dos rivais que nos puxo as cousas máis dificiles na primeira volta. Ademáis froito dalguns resultados inesperados na clasificación os nosos Rivais se xogaban o ascenso, so valéndolles a victoria neste encontro para ese fin. Inter de Melón presentarouse co equipo ao completo, por contra O Vicus tiña marcado esta data no calendario como un día de ausencia de moitos xogadores, algúns deles os de maior aportación ofensiva esta temapda e presentamos un equipo con so 7 xogadores. Por sorte, os deberes estaban feitos e matemáticamente tiñamos garatizado non só o asecenso se non ademáis o campionato na división.