Vigo en Xogo: Xornada 10


Vicus C.B. 66 - 23 Sandra Cal Decoración

Na décima xornada do Vigo en Xogo que se corresponde co inicio da segunda volta, o Vicus C.B. acada a novena vitoria da tempada fronte a Sandra Cal Decoración, colistas da clasificación. Comezamos o encontro dun xeito lixeiramente precipitado en ataque e cun punto menos de intensidade defensiva que fixo que tardasemos en abrir clara brecha no marcador. Pechouse o primeiro acto con rachas de bo xogo aínda que faltou un chisco de continuidade, cun marcador de 29-13.

Feliz Nadal 2018

O Vicus Clube de Baloncesto deséxa a todos os seus amigos e as súas familias un Feliz Nadal e un ano cheo de Baloncesto...

¡¡ BO NADAL !!
.
#VicusCB
#VicusEnNadal

Vigo en Xogo: Xornada 9

Vicus C.B. 54 - 9 C.B. Mariano

Na novena xornada do Vigo en Xogo, o Vicus C.B. retomabamos a competición tras 3 semanas de descanso. Un partido importante xa que o noso rival, C.B Mariano, atopábase empatado a vitorias co noso equipo, polo que o segundo posto da clasificación estaba en xogo ao remate da primeira volta da competición. O partido escomezou cun intercambio de canastras, e tras un triple do Mariano que puxo o taboleiro 5-8 ao seu favor (minuto 3), o Vicus pediu tempo morto. Cos bos consellos dende o banco, axustámola defensa e melloramos a paciencia no ataque. Secamos aos nosos rivais que non foron quen de anotar ningún punto no que restaba de primeiro acto. Cun parcial de 25-0, rematou a primeira parte reflexando un 30-8 no electrónico.

Resultados Torneo Nadal 2018

O pasado sábado xogamos o noso XXIII memorial Fernando Vázquez!
Desfrutamos dunha mañá de baloncesto con “#DeportesBalbi” de Primera de VigoEnXogos e o equipo de Pais do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Os resultados dos tres partidos foron moi axustados, tal e como segue:

Torneo de Nadal 2018



Xa falta menos para o XXIII Torneo de Nadal – Memorial Fernando Vázquez que organiza o Vicus Clube de Baloncesto en memoria do xogador do clube dos 80-90.

Vigo en Xogo: Xornada 7

Raiders 46 - 52 Vicus C.B.



Na séptima xornada do Vigo en Xogo, o Vicus C.B. acadamos a que foi seguramente a victoria maís sufrida no que vai de tempada fronte Raiders. A pesar de rematar o primeiro período cunha vantaxe no taboleiro de dez puntos 17-27, o acerto dende a liña de tres dun único xogador de Raiders complicounos o partido ate o punto de estar por debaixo no taboleiro durante uns minutos do segundo período. Non soubemos defender correctamente aínda cas acertadas indicacións do noso adestrador.