A xornada 9 de Vigo en Xogo achegounos a primeira derrota do Vicus C.B. nun encontro disputado contra Marajos la Leyenda. Ademáis da dor da derrota sofrimos a lesión seria dun dos nosos xogadores que posiblemente se perda o que resta de temporada. No meramente deportivo afrontabamos o encontro con dúas baixas de xogadores importantes na dirección do xogo e na zona interior, nembargantes non podemos culpar das ausencias pola derrota. O Vicus non xogou un bo partido, e se ben por intres acadou rendas de ata 15 punto no electronico, tamen sufriu apagóns de xogo por varios minutos, algo que non acontecera no que vai de tempada. Para mostra a primiera metade pechouse cun tranquilizador 28-12. Na segunda parte nembargantes deixamonos remontar totalmente dandolle alas aos nosos rivais que cun dia acertadisimo dun dos seus homes se mostrou totalmente imparable. O acerto dende a liña de tiros libres tamen lles permitui estirar a renda na postreira reaccion do Vicus que estivo a piques de forzala prórroga. Pechouse o encontro cun axustado 57-55. Un atranco inesperado no camiñoo do que debemos aprender para non repetilos erros deste encontro. Por outra banda seguimos a depender de nos mesmos para ser campións. Forza Vicus! ??
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2023
0 comentarios:
Publicar un comentario