Vigo en Xogo: Xornada 10


Vicus C.B. 66 - 23 Sandra Cal Decoración

Na décima xornada do Vigo en Xogo que se corresponde co inicio da segunda volta, o Vicus C.B. acada a novena vitoria da tempada fronte a Sandra Cal Decoración, colistas da clasificación. Comezamos o encontro dun xeito lixeiramente precipitado en ataque e cun punto menos de intensidade defensiva que fixo que tardasemos en abrir clara brecha no marcador. Pechouse o primeiro acto con rachas de bo xogo aínda que faltou un chisco de continuidade, cun marcador de 29-13.

Feliz Nadal 2018

O Vicus Clube de Baloncesto deséxa a todos os seus amigos e as súas familias un Feliz Nadal e un ano cheo de Baloncesto...

¡¡ BO NADAL !!
.
#VicusCB
#VicusEnNadal

Vigo en Xogo: Xornada 9

Vicus C.B. 54 - 9 C.B. Mariano

Na novena xornada do Vigo en Xogo, o Vicus C.B. retomabamos a competición tras 3 semanas de descanso. Un partido importante xa que o noso rival, C.B Mariano, atopábase empatado a vitorias co noso equipo, polo que o segundo posto da clasificación estaba en xogo ao remate da primeira volta da competición. O partido escomezou cun intercambio de canastras, e tras un triple do Mariano que puxo o taboleiro 5-8 ao seu favor (minuto 3), o Vicus pediu tempo morto. Cos bos consellos dende o banco, axustámola defensa e melloramos a paciencia no ataque. Secamos aos nosos rivais que non foron quen de anotar ningún punto no que restaba de primeiro acto. Cun parcial de 25-0, rematou a primeira parte reflexando un 30-8 no electrónico.

Resultados Torneo Nadal 2018

O pasado sábado xogamos o noso XXIII memorial Fernando Vázquez!
Desfrutamos dunha mañá de baloncesto con “#DeportesBalbi” de Primera de VigoEnXogos e o equipo de Pais do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Os resultados dos tres partidos foron moi axustados, tal e como segue:

Torneo de Nadal 2018



Xa falta menos para o XXIII Torneo de Nadal – Memorial Fernando Vázquez que organiza o Vicus Clube de Baloncesto en memoria do xogador do clube dos 80-90.

Vigo en Xogo: Xornada 7

Raiders 46 - 52 Vicus C.B.



Na séptima xornada do Vigo en Xogo, o Vicus C.B. acadamos a que foi seguramente a victoria maís sufrida no que vai de tempada fronte Raiders. A pesar de rematar o primeiro período cunha vantaxe no taboleiro de dez puntos 17-27, o acerto dende a liña de tres dun único xogador de Raiders complicounos o partido ate o punto de estar por debaixo no taboleiro durante uns minutos do segundo período. Non soubemos defender correctamente aínda cas acertadas indicacións do noso adestrador.

Vigo en Xogo: Xornada 6

Vicus C.B. 56 - 27 Opeworld 24h



Nova xornada do Vigo en Xogo, a sexta e o Vicus C.B. acadamos a nosa quinta victoria fronte OpenWorld 24h. Neste encontro presentamos un equipo case ao completo cunha soa baixa, por primeira vez no que vai de campionato, e agrádanos comprobar que sen dúbida fixemos a nosa mellor actuación como conxunto.

Cea Comezo de Tempada 2018-2019

Porque xogar é so parte de todo isto... onte desfrutamos xuntos da cea de inicio de tempada 2018-19. Collendo forzas e facendo grupo tamén medramos como equipo. 🏀🏀

Vigo en Xogo: Xornada 5

NBAD 30 - 50 Vicus C.B.



Quinta xornada do Vigo en Xogo, o Vicus C.B. acadamos a nosa cuarta victoria fronte NBAD. Cunha saída ao terreo de xogo con boa concentración ofensiva e defensiva, acadando unha renda positiva que foi medrando en todo momento durante o primeiro acto ate finalizar 14-36.

Vigo en Xogo: Xornada 4

Vicus C.B. 42 - 31 Lonza



Na cuarta xornada do Vigo en Xogo, o Vicus C.B. recuperamola senda da victoria. Nun encontro que foi moi disputado e no que ambos equipos tiveron alternativas a fronte do marcador. Despois duns bos primeiros intres de encontro (9-1), O Vicus tivemos un bache de anotación que durou máis do desexado durante a primeria metade, rematando o primerio parcial en empate no taboleiro (15-15).

Vigo en Xogo: Xornada 3

Fisiomiño Xestas 55 - 44 Vicus C.B.

A terceira xornada do Vigo en Xogo trouxo a primeira derrota do Vicus C.B. Un encontro disputado contra os segundos clasificados Fisiomiño Xestas. Os nosos rivais xogaron un primeiro tempo con mais intensidade, unha maior rotación froito do seu amplo banquillo e aprobeitando os noso erros, acadando unha renda que foi unha pesada lousa para O Vicus.

Vigo en Xogo: Xornada 2

Vicus C.B. 58 - 23 El Garaje



O Vicus C.B. acadamos a nosa segunda victoria na liga Vigo en Xogo, no encontro disputado contra El Garaje. Nesta ocasión recuperabamos boa parte dos xogadores ausentes na primeria xornada, e notouse unha boa rotación.

Vigo en Xogo: Xornada 1

C.B. Sandra Cal Decoración 25 - 85 Vicus C.B.


O Vicus C.B. debutamos con victoria na primeira xornada de Vigo en Xogo no partido disputado contra Sandra Cal Decoración. Un partido que afrontabamos cun equipo mermado por ausencias, cos nervos propios do debut e o regreso as competicións, pero no que fomos quen de impoñer o noso ritmo dende os primeiros minutos.

Comezo da Tempada Vigo en Xogo 2018-2019


Por fin, despois de 16 anos, o Vicus CB volta a competir 💪💪e farémolo na liga #VigoEnXogo.
A vindeira fin de semana xogaremos o Sábado ás 18.30 no pavillón de Navia contra o C.B. Sandra Cal Decoración.
Ansiosos estamos!! Forza Vicus!! 💪💪
🏀🏀🏀🏀🏀
.
.
#VicusCB
#ForzaVicus
#DesempolvandoAsEquipaxes
#VigoEnXogo
#VigoEnXogo2018

Partido Amistoso C.B. Caselas Outubro 2018

Onte fomos novamente invitados polo C.B. Caselas a un partido amistoso. Coma sempre foi un pracer acudir e xogar contra este gran equipo, e depaso ir tomando ritmo de cara ao comezo da liga Vigo en Xogo. 

Bótalle un ollo a noticia na paxina web do C.B. Caselas


#cbcaselas #SentirSalceda @vicus.clubedebaloncesto

Baloncesto na Suecia

O noso artilleiro Gonzalo Vela Barreiro 'Gonzalevic' dis que está en Suecia e que alí hai vestixios baloncestísticos 🏀 nos parques 👍
O ghicho se non tira uns triples de vacacións non está tranquilo 

NB: á vista da superficie da cancha, xa dicía Felipe Sánchez García que deben facer moito exercicio de tiro con esa grava no chan, se noon... 😅 😂 Ben visto Secretario! 😉

#VicusCB
#VicusCBViaxes
#VicusiñosViaxeiros
#AminEstaCanchaBenMeVale
#SwedenBasket

Torneo 6 do Nadal 2018

Este foi o plantel do Vicus invitado polo CB. Seis do Nadal a participar no Torneo Amigable de fin de temporada 2017-2018. O Vicus CB porclamouse gañador do partido xogado nun ambiente de sana competividade.

Moitas grazas pola invitación.

Enlace a noticia na web do Clube de Baloncesto Seis do Nadal



Partido Amistoso vs CB Caselas Xaneiro 2018

Partido amistoso contra o Club Baloncesto Caselas. Moitas grazas pola invitción Adrián Salgado.

#VicusCB #CBCaselas #PartidoAmistoso #DesfacendonosDosTurrons