Quinta xornada de Vigo en Xogo. Tralo partido aprazado na cuarta xornada máis o parón do Nadal, afrontabamos con moitas gañas este encontro. Nos enfrontabamos a Certifix, equipo que se atopa coma nos na parte alta da clasificación, cunha única derrota. O encontro escomezou de xeito positivo para os intereses do Vicus cun parcial 0-7, froito de duas triplas mais un tiro libre. Os nos rivais non tiñan acerto no tiro exterior e cando tentaban achegarse á canastra atopábanse co muro dos nosos intimidantes homes interiores. Aínda que concedimos máis rebotes defensivos ca en anteriores encontros, os rivais non puideron sacar rédito desas dobres oportunidades. A renda estabilizouse en torno aos 10 puntos a prol do Vicus, salvo unha tímida reacción do equipo rival con duas triplas consecutivas que reducirían a 4 puntos a vantaxe. Pero o Vicus soubo reaccionar para levarse o primiero parcial estirándose no marcador ata os 10 puntos nóvamente (14-24).
No segundo acto saiu mais acertado o Vicus e pasando a unha defensa ao home tras canastra, acadamos algúns roubos na primeira liña que provocaron claros contraataques que ou ben remataban en canastra ou en falta. Co encontro xa decidido a intensidade do mesmo decaeu un chisco, pero aínda nesta fase o Vicus seguiu a estar mais atinado que os nosos rivais, destacando brillantes xogadas individuais dos homes exteriores. Cara o remate final, o encontro fixoselle longo ao equipo rival e rematamos coa máxima vantaxe da tarde (27-56)
O Vicus acada a súa cuarta victoria consecutiva e continua invicto na competición, nun encontro novamente cunha boa participación de tódolos nosos xogadores, agardamos seguir por esta senda na competición.
0 comentarios:
Publicar un comentario